Mostrando entradas con la etiqueta Historia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Historia. Mostrar todas las entradas

San Salvador de Camanzo, Vila de Cruces

A igrexa románica de San Salvador, sita na pequena aldea de Camanzo, no concello de Vila de Cruces (Pontevedra).
A igrexa rómanica do século XII formaba parte dun mosteiro benedictino fundado no século X. Chama a atención a presencia de dous rosetóns na fachada principal.




 

Fotos: Darredor e O Sherpa

Superviventes do pasado, vítimas do presente

Maus, Art Spiegelman 


Todo un clásico da banda deseñada, que non hai que perderse. Art Spiegelman transcribe e debuxa os recordos do seu pai Vladek, un xudeu polaco na Segunda Guerra Mundial, a historia dun sobrevivente de Auschwitz. A trama desenvolvese entre os Estados Unidos, pais de acollida da familia e Europa. O autor, recorre constantemente o recurso dos flashbacks.
Esta novela gráfica, representa os protagonistas como ratos e gatos. A epopeia dos ratos frente ós gatos, xunto co resto personaxes, tamén presentadas animais, porcos(os polacos), cervos, etc. Buscou reproducir a “deshumanización”, a propaganda nazi retrataba ós xudeos como roedores. Denota un gran traballo de investigación e documentación, destaca a precisión dos escenarios, os guetos, campos de concentración, barrios, etc. 
A implicación persoal do autor co protagonista aparece claramente explícita, o narrador non oculta os seus sentimentos, entrelaza a presente relación co seu pai con aquel pasado, os superviventes dun pasado que son as vítimas do presente.
Publicado entre 1980-1991 na revista de Banda deseñada RAW, que Spiegelman e Françoise Mouly fundaran, foi rechazo por varias editoriais. Finalmente, Pantheon editou o primero tomo, tivo un gran éxito. No 1991 se publicou o segundo. A primeira parte de Maus foi editada en España en 1989, en decembro de 2001 publicouse a obra completa nun único volume.
Entre outros premios, no ano 1992 otorgaronlle o premio Pulitzer, a primeria vez que unha obra de Banda deseñada recibía tal galardón.
MetaMaus


MetaMaus (2012) narra o proceso de creación de Maus. Mezcla documentos, bocetos, fotos e un DVD con gravacións conversacións co seu pai, testimonios da súa familia e unha su longuísima charla coa profesora Hillary Chute,entre os anos 2006-20010. 

A 75 anos do golpe militar -18 / 07 / 2011

Foto: Darredor

O día 18 de xullo de 1936, hai 75 anos, un grupo de militares recorreron ó tradicional método da insurrección e decidiron que era o momento de dar o Golpe. Foi en Melilla e rapidamente estendeuse ó protectorado de Marrocos e de alí á Península. Esta sublevación parcialmente fallida, deu como resultado, primeiro unha Guerra Civil e posteriormente o inicio dun réxime ditatorial en vigor ata o ano 1975. Socialmente foi apoiado principalmente por aquelas clases que vían perigar a súa posición social e estaban temerosas do anticlericalismo.
As consecuencias da Guerra Civil foron excepcionalmente dramáticas tanto a nivel material como intelectual; significaron a destrución de cidades, a morte de moitas persoas e o exilio doutras incontables, que fuxiron tanto por razóns ideolóxicas, como políticas.

 Foto: Darredor
Nos anos 30 un alto porcentaxe da poboación española dedicábase á agricultura, percíbese unha sociedade que aínda non experimentara a Revolución Industrial. A nivel político, o Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) era un dos maioritarios, outros como o Partido Comunista de España (PCE) tiñan unha presenza residual e non cobraría forza ata o comezo da Guerra Civil. En canto ós sindicatos, a Confederación Nacional do Traballo (CNT) era a que contaba un maior número afiliados, seguida da UGT.
As institucións monárquicas sufrían un claro declive, Alfonso XIII pretendía rexenerar o réxime. Foi nomeado xefe do goberno Juan Bautista Aznar, aínda que dirixido realmente polo Conde de Romanones, conselleiro do monarca. O 12 de abril de 1931 celébranse eleccións municipais, que supuxeron unha ampla derrota dos partidarios da Coroa. O monarca marchou ó exilio a París e en xaneiro de 1941 abdicou en favor do seu fillo, Juan (pai de Juan Carlos I).
 Foto: Darredor

Ano 1931: proclámase a Segunda República, que abrangueu o período comprendido entre o 14 de abril de 1931 ata abril de 1939. A primeira Constitución democrática da historia española foi aprobada o 9 de decembro de 1931. Niceto Alcalá–Zamora, do Fronte Popular, será Presidente da II República dende decembro de 1931 ata o 7 de abril de 1936. O Fronte Popular era unha coalición política de esquerdas constituída polo PSOE, PCE, POUM (Partido Obrero de Unificación Marxista) e Esquerra Republicana de Catalunya. A esquerda íase fragmentando mentres que a dereita reorganizábase en tres novos grupos cobrando moita forza:
- Confederación Española de Dereitas Autónomas (CEDA), dirixida por Gil Robles, apoiado pola Igrexa Católica.
- Renovación Española, dirixida por Calvo Sotelo; monárquicos.
- Falanxe Española: dirixida por José Antonio Primo de Rivera

Foto: Darredor 

O ambiente social era cada vez máis tenso, producíanse constantes enfrontamentos e atentados, usualmente por iniciativa propia sen a dirección dos partidos. A dereita buscaba de acabar co sistema republicano e a esquerda optaba por unha postura revolucionaria.
Desenvolvíase unha trama política conformada polos principais líderes dos partidos: Gil Robles, Calvo Sotelo, José Antonio Primo de Rivera. Medraba o número de militares  implicados, o xeneral Emilio Mola, converteuse no dirixente da conspiración, había valedores internacionais e iniciáronse os contactos con Mussolini e  Hitler. A conspiración militar contra o goberno da  Fronte Popular avanzaba. 
Os falanxistas asasinaron ó tenente da Garda de Asalto José Castillo, de coñecida filiación socialista; como resposta, os seus compañeiros do corpo mataron ó principal dirixente da extrema dereita, José Calvo Sotelo.
Ante esta situación cada vez máis grave, a conspiración militar que se viña fraguando, atopou a escusa perfecta para alzarse contra a República.

 Foto: Darredor

O movimento dos "Capitães de abril", 25 de abril sempre

A Revoluçao dos cravos
O movemento revolucionário portugués do 25 de abril de 1974 derrubou unha longa dictadura militar instituída no ano 1926 e o Estado Novo 1933-1974. Salazar estivo no poder ata o  1968, ano en que Marcello Caetano o sucede.

 
Monte Alegre, Portugal / Foto: Darredor

Envoltos nunha guerra colonial a tres frentes, sen solución inmediata, os militares estaban cansos. O Movimento das Forças Armadas (MFA) inicia unha revolta que conseguira derrubar o rexime pacíficamente. O movemento dos "Capitães de abril", oficiais coordenados por Otelo Saraiva de Carvalho.
 Na noite do 24 para 25 de abril, duas cancións obran de sinal para iniciar as operacións: E Depois do Adeus, interpretada por Paulo de Carvalho, que soa como una despedida do governo marcelista, e Grândola, Vila Morena, interpretada por Zeca Afonso.
Os militares en perfecta coordenación ocupan puntos estratéxicos do país. Se constitue un goberno provisorio, á cabeza Spínola.
  
E Depois do Adeus



Grândola, Vila Morena   
Grândola fai referencia a unha pequena aldea do Alentejo, o autor reflexa a unión das súas xentes ante a adversidade .Aprimera interpretación en directo desta canción foi en  Santiago de Compostela o 10 de maio do 1972.



Os cravos

No día da revolución, unha pastelería da Baixa que estaba de aniversário e regalaba caraveis aos  clientes.  A empregada encargada acercouse aos militares e deulles "cravos vermelhos".


 Capitães de abril 

Primeira película como directora de María de Medeiros no ano 2000

14 abril, aniversario da proclamación da 2ª República española


Hoxe, celébrase o aniversario da proclamación da Segunda República española do ano 1931. A Primeira República, se desenvolveu entre 1873 - 1874. A Segunda abrangue o período entre o 14 de abril de 1931 ata abril de 1939, final da Guerra Civil Española, que deu paso á ditadura do Xeneral Franco.
Unha alta procentaxe da poboación da dos anos trinta ocupábase na agricultura, mentres que o resto se repartía a partes iguais entre a industria e o sector servizos. A nivel político o Partido Socialista Obreiro Español era un dos maioritarios, outros como o Partido Comunista de España (PCE) tiñan unha presenza nominal e non cobraron forza ata o comezo da Guerra Civil. En canto os sindicatos, a Confederación Nacional do Traballo (CNT) era a que contaba un maior número afiliados, seguida da UGT.
Tras a dimisión do xeneral Miguel Primo de Rivera en xaneiro de1930, Alfonso XIII pretende rexenerar o réxime. Foi nomeado xefe nominal do goberno Juan Bautista Aznar, dirixido polo Conde de Romanones, conselleiro do rei. 
O do 12 de abril de 1931, celébranse  eleccións municipais, que supoñen á Coroa unha ampla derrota. En Madrid, os concelleiros republicanos triplicaban os monárquicos, e en Barcelona cuadriplicábanos.O almirante Aznar presentou a súa dimisión. Os ministros Bugallal e La Cierva fan  uso do exército para disuadir calquer pretensión dos republicanos.
A noite do 14 de abril de 1931, sen abdicar formalmente, o monarca marchou ó exilio, a París, fixando posteriormente a súa residencia en Roma. En xaneiro de 1941 abdicou en favor do seu fillo, Juan. 
O 16 de abril de 1931, fíxose público o seguinte manifesto, redactado en nome do rei polo duque de Maura:

"Las elecciones celebradas el domingo me revelan claramente que no tengo hoy el amor de mi pueblo. Mi conciencia me dice que ese desvío no será definitivo, porque procuré siempre servir a España, puesto el único afán en el interés público hasta en las más críticas coyunturas. Un Rey puede equivocarse, y sin duda erré yo alguna vez; pero sé bien que nuestra patria se mostró en todo tiempo generosa ante las culpas sin malicia.
Soy el rey de todos los españoles, y también un español. Hallaría medios sobrados para mantener mis regias prerrogativas, en eficaz forcejeo con quienes las combaten. Pero, resueltamente, quiero apartarme de cuanto sea lanzar a un compatriota contra otro en fratricida guerra civil. No renuncio a ninguno de mis derechos, porque más que míos son depósito acumulado por la Historia, de cuya custodia ha de pedirme un día cuenta rigurosa.
Espero a conocer la auténtica y adecuada expresión de la conciencia colectiva, y mientras habla la nación suspendo deliberadamente el ejercicio del Poder Real y me aparto de España, reconociéndola así como única señora de sus destinos."

Inmediatamente formouse un Goberno Provisional presidido por Niceto Alcalá-Zamora dende o 14 de abril ata o 14 de outubro de 1931, data en que presentou a súa dimisión, sendo substituído por Manuel Azaña. 
Tras as eleccións ás Cortes Constituíntes republicanas, o 10 de decembro de 1931 foi elixido Presidente da II República Niceto Alcalá-Zamora, ata o 7 de abril de 1936, cando o novo goberno da Fronte Popular pediu a súa dimisión, volvendo substituilo Manuel Azaña.
A primeira Constitución democrática da historia española foi  aprobada en Decembro do 1931. Case un terzo dos artigos da "Constitución", adicanse a protexer os dereitos e liberdades individuais e sociais: ampliouse o dereito de sufraxio activo e pasivo aos cidadáns de ambos os dous sexos; o poder de facer as leis ó pobo, a través das Cortes ou Congreso dos Deputados e, sobre todo, se estableceu que o Xefe do Estado sería elixido por un colexio composto por Deputados e compromisarios, os que á súa vez eran nomeados en eleccións xerais.

- Reformas laborais
- Reforma educativa: construción de escolas e contratación de mestres, ensino mixto, a Relixión deixou de ser materia obrigatoria
- Reforma militar
- Reforma agraria

O xeneral Sanjurjo intentou un golpe de estado militar en Sevilla agosto de 1932. Malia o fracaso de Sanjurjo, o goberno republicano daba mostras de claro desgaste. Nese contexto, producíronse os graves incidentes de Casas Vellas. O goberno convoca novas eleccións en novembro de 1933. A dereita reorganizáse, presentádose aos comicios tres novos grupos:

- A Confederación Española de Dereitas Autónomas (CEDA), dirixida por Gil Robles, grupo maioritario auspiciado pola Igrexa Católica.
- Renovación Española, dirixida por Calvo Sotelo, na que se agruparon os monárquicos. 
- Falanxe Española: dirixida por Jose Antonio Primo de Rivera
 
A esquerda presentouse fragmentada en múltiples grupos e os anarquistas chamaron á abstención.
Vitoria dos grupos conservadores, en primeiro lugar o Partido Republicano  Radical e CEDA.
O intento fallido de golpe de Estado, por parte do exército no 1936,  contra o Goberno da república , desembocou na Guerra Civil. Trala derrota establécese o réxime franquista, en vigor ata o ano 1975.