Foto: Darredor
O día 18 de xullo de 1936, hai 75 anos, un grupo de militares recorreron ó tradicional método da insurrección e decidiron que era o momento de dar o Golpe. Foi en Melilla e rapidamente estendeuse ó protectorado de Marrocos e de alí á Península. Esta sublevación parcialmente fallida, deu como resultado, primeiro unha Guerra Civil e posteriormente o inicio dun réxime ditatorial en vigor ata o ano 1975. Socialmente foi apoiado principalmente por aquelas clases que vían perigar a súa posición social e estaban temerosas do anticlericalismo.
As consecuencias da Guerra Civil foron excepcionalmente dramáticas tanto a nivel material como intelectual; significaron a destrución de cidades, a morte de moitas persoas e o exilio doutras incontables, que fuxiron tanto por razóns ideolóxicas, como políticas.
Foto: Darredor
Nos anos 30 un alto porcentaxe da poboación española dedicábase á agricultura, percíbese unha sociedade que aínda non experimentara a Revolución Industrial. A nivel político, o Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) era un dos maioritarios, outros como o Partido Comunista de España (PCE) tiñan unha presenza residual e non cobraría forza ata o comezo da Guerra Civil. En canto ós sindicatos, a Confederación Nacional do Traballo (CNT) era a que contaba un maior número afiliados, seguida da UGT.
As institucións monárquicas sufrían un claro declive, Alfonso XIII pretendía rexenerar o réxime. Foi nomeado xefe do goberno Juan Bautista Aznar, aínda que dirixido realmente polo Conde de Romanones, conselleiro do monarca. O 12 de abril de 1931 celébranse eleccións municipais, que supuxeron unha ampla derrota dos partidarios da Coroa. O monarca marchou ó exilio a París e en xaneiro de 1941 abdicou en favor do seu fillo, Juan (pai de Juan Carlos I).
Foto: Darredor
Ano 1931: proclámase a Segunda República, que abrangueu o período comprendido entre o 14 de abril de 1931 ata abril de 1939. A primeira Constitución democrática da historia española foi aprobada o 9 de decembro de 1931. Niceto Alcalá–Zamora, do Fronte Popular, será Presidente da II República dende decembro de 1931 ata o 7 de abril de 1936. O Fronte Popular era unha coalición política de esquerdas constituída polo PSOE, PCE, POUM (Partido Obrero de Unificación Marxista) e Esquerra Republicana de Catalunya. A esquerda íase fragmentando mentres que a dereita reorganizábase en tres novos grupos cobrando moita forza:
- Confederación Española de Dereitas Autónomas (CEDA), dirixida por Gil Robles, apoiado pola Igrexa Católica.
- Renovación Española, dirixida por Calvo Sotelo; monárquicos.
- Falanxe Española: dirixida por José Antonio Primo de Rivera
Foto: Darredor
O ambiente social era cada vez máis tenso, producíanse constantes enfrontamentos e atentados, usualmente por iniciativa propia sen a dirección dos partidos. A dereita buscaba de acabar co sistema republicano e a esquerda optaba por unha postura revolucionaria.
Desenvolvíase unha trama política conformada polos principais líderes dos partidos: Gil Robles, Calvo Sotelo, José Antonio Primo de Rivera. Medraba o número de militares implicados, o xeneral Emilio Mola, converteuse no dirixente da conspiración, había valedores internacionais e iniciáronse os contactos con Mussolini e Hitler. A conspiración militar contra o goberno da Fronte Popular avanzaba.
Os falanxistas asasinaron ó tenente da Garda de Asalto José Castillo, de coñecida filiación socialista; como resposta, os seus compañeiros do corpo mataron ó principal dirixente da extrema dereita, José Calvo Sotelo.
Ante esta situación cada vez máis grave, a conspiración militar que se viña fraguando, atopou a escusa perfecta para alzarse contra a República.
Foto: Darredor
No hay comentarios:
Publicar un comentario