Mostrando entradas con la etiqueta Vales do Ulla e Umia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Vales do Ulla e Umia. Mostrar todas las entradas

Muiños de vento de Abalo, Catoira, Pontevedra

Conxunto de Muíños do Monte Mesón: Finais s. XIX - Principios do s. XX 
Feitos de cachotería de granito, son de planta circular co chan de pedra agás unha porta de madeira no chan, que leva a un pequeno cubículo soterrado. A cuberta é con tellas e pedras para evitar que o vento as levante. Os elementos mecánicos son moi sinxelos; neste caso, representan a tipoloxía de TORRE e CUBERTA FIXA. A TRABE, ou eixe horizontal, atravesa diametralmente a torre; a ambos lados ten catro VAREIROS, onde van as ASPAS ou ABANOS.Soen pertencer a un só propietario, en ocasións aparecen gravadas as iniciais do seu nome e as marcas de identidade do canteiro no lintel da porta.
 

Mapa de recursos turísticos e guía do concello de Valga

O municipio pontevedrés de Valga sitúase na beira esquerda do esteiro do río Ulla. A súa poboación, de máis de 6.000 habitantes, repártese en cinco parroquias: Santa Cristina de Campaña, Santa Comba de Cordeiro, San Miguel de Valga, San Salvador de Setecoros e Santa María de Xanza.

Enlace / link: Guia turistica: Guia tuistica, concello de Valga, Pontevedra


 Enlace /link: Guia de Valga en ingles /frances

      

Enlace / link: Guia esencial do territorio dos vales Ulla e Umia

Enlace / link: Mapa de Recursos turisticos, do concello de Valga, Pontevedra

Guia e Mapa: Darredor

Cabeza de San Pedro, Moraña

Curiosa peza esculpida en granito con rasgos humanos pouco definidos. Barallanse varias hipóteses sobre a súa orixe e cronoloxía, interpretouse como un menhir da época megalítica e recentes investigacións falan dunha "Cabeza cortada da 2ª Idade de Ferro.
Dise desta peza, que é un menhir da época megalítica (3500 a.C - 2000 a.C.) e que os gravados que presenta son contemporáneos á época. Porén, segundo recentes investigacións,  a súa datación sería na 2ª Idade de Ferro (s. IV a.C.) e representaría unha divinidade protectora da entrada a un castro.
"Cabeza cortada": escultura pétrea exenta, monofacial, gravada cun rostro de trazos sinxelos. Este tipo de representacións farían alusión ó costume practicado por diversos pobos europeos de cortarlles a cabeza ós inimigos e colocalas á entrada dos poboados, cravadas nun pau, para verse beneficiados das propiedades máxicas que se lle outorgaban. Baixo a cara obsérvase unha cruz, símbolo que se engadía para cristianizar os lugares a partir da Idade Media.



Patrimonio industrial: Azucreira de Portas (Portas, Pontevedra)

Un dos símbolos máis visibles do concello de Portas, é unha edificación de comezos do s. XX construída por unha empresa alemá para a elaboración de azucre de remolacha. Describe un perfil inequívoco cuxo sinal de identidade mais salientable é a cheminea.
No ano 1898 España perdía as súas últimas colonias en Ultramar, entre elas Cuba e Porto Rico, que se encargaban de abastecer de azucre a todo o país, motivo polo que barallouse que a produción de azucre de remolacha podía ser unha grande oportunidade de negocio. En febreiro de 1899 constitúese a “Sociedade azucreira galega” na provincia da Coruña, promotora da devandita factoría en Portas.
A maquinaria tróuxose directamente dende Alemaña, construíndose para o seu transporte un ramal de ferrocarril que chegaba ata a propia fábrica. Iniciouse unha campaña propagandística para estender o cultivo da planta; gratificábase ós que se comprometesen a plantala e subministrábanselles as sementes e os abonos minerais necesarios; pero os labregos amosábanse receosos debido á crenza de que queimaba os terreos. A fábrica comezou a ter serias dificultades de subsistencia, non só polo desinterese dos labregos senón porque tamén se abriron tal cantidade de empresas por toda España que o mercado non daba abasto. No ano 1904 péchase definitivamente.
A día de hoxe é propiedade municipal e está sendo rehabilitada para diversas funcións. A cheminea estase preparando como miradoiro. Ó seu carón está o Parque da Azucreira onde teñen lugar diversos actos entre os que sobresae a Festa gastronómica do Galo de Curral.   

            
                      Foto: Darredor                     


Darredor."Guia esencial do Territorio dos vales do Ulla e Umia". Edita ADR Ulla-Umia
 Darredor."Paneis interpretativos do Territorio dos Vales do Ulla e Umia" Edita ADR Ulla-Umia

Declarado 33 Novos BIC en Galicia

A Consellaría de Cultura inclúe 33 xacementos megalíticos como BIC, no DOG do  08/04/2011  publicouse resolución da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.Contabilízanse 28 cámaras megalíticas e 5 pedras fitas ou menhires. O obxectivo é garantir a súa axeitada protección. 
Coruña: as cámaras megalíticas da Arca do Barbanza e da Casota do Páramo en Boiro; a Anta da Mina de Parxubeira en Mazaricos; a Cova da Moura ou Dolmen de Argalo en Noia; o Forno dos Mouros en Toques; a Casa dos Mouros ou Pedra da Arca entre Vimianzo e Dumbría; a Arca da Piosa ou Pedra da Arca entre Vimianzo e Zas; e a Anta de Serramo ou Pedra da Lebre, a Casota de Berdoias, a Pedra Cuberta e a Pedra da Moura no Concello de Vimianzo. O Menhir de Cristal ou Bretal en Ribeira.   
Lugo: como cámaras megalíticas os xacementos da Medorra número 1 de Acebedo en Outeiro de Rei e a Roza das Modias en Vilalba; así como o Menhir do Alto da Goia de Guntín e a Pedra de Chantada de Vilalba como pedras fitas.  
Ourense: a Mámoa número 1 da Serra das Motas de Lobeira e a Mota Grande número 1 de Verea como cámaras megalíticas; e a Pedra Alta de Cortegada ou Pedra Grande de Antela nos Concellos de Sarreaus, Vilas de Barrio e Xunqueira de Ambía como menhires ou pedras fitas. 
Pontevedra:  inclúense as cámaras megalíticas de As Namelas 2 e 3; a Chaira do Medio e a Mámoa dos Muíños en Agolada; a Mámoa da Cruz en Lalín, o Chan de Castiñeiras 2 ou Mámoa de Pedralonga en Marín; a Casiña da Moura en Meis; o Chan de Arquiña en Moaña; a Anta do Meixueiro ou Meixoeiro en Mos; o Coto dos Mouros en Rodeiro; a Mámoa do Rei ou Chan de Castiñeiras 1 en Vilaboa; e a Anta 1 Chan dos Touciños, a Casa dos Mouros e a Mámoa do Monte Vixiador en Vigo, a Lapa de Gargantas no Concello de Moraña. 
Lapa de Gargantáns
 
                        Foto: Darredor   

Monte Xiabre,

Chegamos ao cumio do Monte Xiabre, cunha altitude de 641m, situado entre Caldas de Reis,Catoira e Villagarcía de Arousa, no Territorio dos vales do Ulla e Umia.



"Paneis interpretativos do Territorio dos Vales ulla Umia
http://www.darredor.com/DESCARGAS/7Paneis/Caldas_de_Reis/Panoramica_Monte_Xiabre_cara_Caldas_(Caldas_de_Reis).pdf

http://www.darredor.com/DESCARGAS/7Paneis/Catoira/Panoramica_Monte_Xiabre_cara_Vilagarcia_(Catoira).pdf

Patrimonio industrial, Concello de Pontecesures, Pontevedra

Observamos o Porto de Pontecesures e a área industrial ó seu carón. Poden verse os restos da antiga fábrica de cerámica “La Calera – Cerámica celta” (1923), atopándose na parte posterior da nave uns interesantes fornos.  
    

En 1939 aséntase unha fábrica de Leite condensada. Complementase o conxunto con a “Fábrica de celulosa” na outra beira do río, xa no concello de Padrón, provincia de A Coruña.

O Porto, cuxa construción iníciase en época romana, convértese na Idade Media no Porto de Iria Flavia.  No  s. XII, en tempos do Bispo Xelmírez, albergou o estaleiro da Armada de Castela. 
A partir do ano 1467, baixo o reinado de Enrique IV,   pasa a ser o único da Ría de Arousa con autorización para carga e descarga de sal. Posteriormente incluiríanse o tabaco, xofre e pólvora”, entre outros. No s.XIX era uns dos poucos portos galegos de exportación. 
Hoxe consérvanse en bo estado os antigos muros de contención e as ramplas de botado.
Alfolí de Rentas Estancadas
Paralelamente ó porto foise desenvolvendo unha estrutura urbana no Barrio do  Porto, que se caracteriza por as súas rúas estreitas e típicas vivendas mariñeiras No s. XVIII, o auxe económico, propiciou a construción, de man de Carlos IV, dun Almacén ou "Alfolí de Rentas Estancadas".
- Alfolí: almacén de sal
- Rendas estancadas: artigos cuxa venda reservase exclusivamente ó Estado.    Este edificio é un bo exemplo da arquitectura civil do Barroco. A súa construción foi froito da necesidade dun espazo onde almacenar certos produtos de valor, derivados da actividade comercial (sal, tabaco, pólvora ou xofre). Hoxe en día, tamén é coñecido como A Factoría. 
Na fachada principal destacan un escudo dos Borbóns e unha inscrición baixo a cornixa:  LOS ALMACENES DE LA RENTA DEL TABACO CONSTRUÍDOS EN EL AÑO DE MDCCXC REINANDO EL SEÑOR DN CARLOS IV 
        
 O Coche de pedra
No ano 1985 inaugúrase o monumento conmemorativo “O Coche de Pedra”. Manuel Castelo presenta, unha réplica en granito, daquel que fora exposto na 1ª e 2ª Feira do Automóbil de Ocasión.  
Este representa o primeiro coche a gasolina que circulou por Galicia, un Renault Freder.
Da man de xente do lugar e representados por Eugenio Escudero Lastra e Salvador Sierra Trasande, Pontecesures foi a primeira localidade española en albergar unha feira de automóbiles de ocasión no ano 1925, tomando como exemplo a de Leipzig (Alemaña), unha das máis importantes da época a nivel mundial. 
Todas as celebradas ata a data en España viñan sendo simplemente mostras de vehículos novos. A raíz do éxito, organizáronse outras similares nos anos 1926, 1950 e 1954. 
Nas distintas edicións desenvolveronse actos paralelos como a Exposición de Industria e Artesanía, Xantar enxebre, etc. Nalgunha ocasión fíxose coincidir coa Festa da Lamprea. 
Ilustracións: María López Bedoya  (sobre deseños de Carlos Maside e Castelao)
 

Campaneiros de Badoucos, Arcos da condesa

Obradoiro artesanal de campás dende 1630
Os Campaneiros de Badoucos manteñen viva unha tradición que se remonta varios séculos atrás. Felipe Blanco Ocampo funda o “Taller Hermanos Ocampo” que se dedicaría á fundición de campás e metais finos. Hoxe en día chámanse “Sucesores de Hermanos Ocampo, Artesanos Campaneros S.L.”. No ano 1886, da man de Melchor Ocampo, trasládanse dende Ameal a Badoucos,.
O proceso de elaboración das campás segue sendo o mesmo dende os seus inicios, empregando como materias primas o barro, a leña e o bronce (só admiten unha aliaxe de cobre e estaño que vén de Cataluña). O máis complicado do proceso é a elaboración dos moldes. Trátase de tres moldes de barro superpostos dos que se eliminará a parte intermedia, facendo encaixar os outros dous entre os que se introduce o metal fundido. Os pesos das campás oscilan entre os 150 quilogramos e un par de toneladas. 
Molde: Os moldes entérranse baixo terra e fanse uns regueiros polos que circula o metal fundido, que se introduce dentro do molde por un orificio que queda aberto.
     
                                                                                                          Forno
 
Ilustracións: María López Bedoya / Realiza Darredor

Documental de Xesus Mendez 1981
  http://www.cmg.xunta.es/visor/dspace.asp?TIPO=VIDEO&COD=641


Enlace: "Paneis interpretativos do Territorio dos Vales Ulla e Umia