Curiosa peza esculpida en granito con rasgos humanos pouco definidos. Barallanse varias hipóteses sobre a súa orixe e cronoloxía, interpretouse como un menhir da época megalítica e recentes investigacións falan dunha "Cabeza cortada da 2ª Idade de Ferro.
Dise desta peza, que é un menhir da época megalítica (3500 a.C - 2000 a.C.) e que os gravados que presenta son contemporáneos á época. Porén, segundo recentes investigacións, a súa datación sería na 2ª Idade de Ferro (s. IV a.C.) e representaría unha divinidade protectora da entrada a un castro.
"Cabeza cortada": escultura pétrea exenta, monofacial, gravada cun rostro de trazos sinxelos. Este tipo de representacións farían alusión ó costume practicado por diversos pobos europeos de cortarlles a cabeza ós inimigos e colocalas á entrada dos poboados, cravadas nun pau, para verse beneficiados das propiedades máxicas que se lle outorgaban. Baixo a cara obsérvase unha cruz, símbolo que se engadía para cristianizar os lugares a partir da Idade Media.

No hay comentarios:
Publicar un comentario