Entroido ribeirao (Chantada, Lugo)

Volantes portando os "Puchos

A ribeira chantadina  do Miño: Santiago de Arriba, Sta Mª de Nogueira, Vilaúxe, Camporramiro
Sae o señor feudal (volante) acompañado dos seus gardiáns (maragatos ou peliqueiros). O traxe de volante evolucionou ó longo do tempo, antigamente ían de blanco coa muda interior, , nas pernas levaban vendas, sobre os ombreiros un pano cruzado e atado ás costas, na cabeza unha pañoleta, á cintura o correón con 24 campaíñas e na cara a carauta. Sobre a cabeza un pucho de grandes dimensións, recuberto de flores feitas a man, con follas de verzas e repolo (se deixaban secar para moldear en forma de rosa, margarita, etc). Na parte traseira e lateral do pucho colgaban unhs mollos de palla, ou cintas de papel tintado artesanalmente, rematase o conxunto cunha ou dúas bonecas.

 Danza dos Volantes
Na man un caxato, ás veces ornamentado con fitas ou cintas  de cores,cinguidas á cintura. sinxelas campaíñas do gando.

 

Volantes portando os "Puchos" 
Os volantes saen portando o pucho, desfilando  cos gaiteiros, brincan e xiran sobre si mesmos formando unha roda. Retíranse os volantes e saen  os mecos a representar un oficio. Os oficios, son pequenas representacións,sobre feitos acaecidos na parroquia ou temas de actualidade.
Os que que acompañan ós volantes os peliqueiros, algúns visten pelicas  normalmente de cabra ou ovella e levan unha choca pendurada  á cintura . Os mecos, representan calquera personaxe,  de moda. 

 
Fotos: Darredor 

No hay comentarios: