Volantes portando os "Puchos
Danza dos Volantes
Volantes portando os "Puchos" e os gaiteiros
A ribeira chantadina do Miño: Santiago de Arriba
Sae o señor feudal (o volante) acompañado dos seus gardiáns (maragatos ou
peliqueiros). O traxe daquel volante foi evolucionando ó longo do tempo. Antigamente vestían de branco, desfilaban directamente coa muda interior e vendaban as pernas. Sobre os ombreiros un pano colorido cruzado e atado ás costas, cubrindo a cabeza
un pañuelo non menos colorido, á cintura o correón con
24 campaíñas e na cara a carauta.
Sobre a cabeza un pucho de grandes dimensións, recuberto de flores feitas a man, con follas de verzas e repolo que se deixaban secar para moldear en forma de rosa ou margarita. Na parte traseira e lateral do pucho colgan uns mollos de palla, ou cintas de papel pintado artesanalmente, rematando o conxunto cunha ou dúas bonecas.

Na man un caxato, por veces ornamentado con fitas ou cintas de cores e cinguidas á cintura sinxelas campaíñas do gando.
Volantes portando os "Puchos" e os gaiteiros
Os volantes saen portando o pucho, desfilando cos gaiteiros, brincan e xiran
sobre si mesmos formando unha roda. Retíranse os
volantes e saen os mecos (calquera personaxe de moda), a representar o oficio.
Os
oficios, son pequenas representacións, sobre feitos acaecidos na parroquia
ou temas de actualidade.
Os peliqueiros acompañan ós volantes, algúns visten pelicas normalmente de cabra ou ovella e levan unha choca pendurada á cintura .
Os mecos
Fotos: Darredor
1 comentario:
Moi bo post, só engadir que esas fotos foron tomadas en Santa María de Nogueira de Miño, non en Santiago de Arriba.
Publicar un comentario