Mostrando entradas con la etiqueta Patrimonio inmaterial. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Patrimonio inmaterial. Mostrar todas las entradas

As mascaradas de inverno (2): Os carochos de Riofrío de Aliste (Zamora)

Festa declarada de Interese Turístico Rexional, celebrase o día 1 de xaneiro (provincia de Zamora). As mascaradas de inverno (1)

Carocha ou careta de cortiza. Praza do pobo de Ríofrio de Aliste
 

Nos tempos do solsticio de inverno,os «Doce Días Máxicos» que van dende Nadal até o día Día de Reis. O seu obxectivo era purificar a comunidade, escorrentar os malos espíritos e traer a fertilidade aos campos, animais e persoas.
Contamos doce personaxes, todos interpretados por homes aínda que algúns son femininos e hai un neno de madeira. Os protagonistas adoitan ser os mozos solteiros "casadeiros", xa que algunhas se entenden como ritos de paso para asumir novos roles entre os adultos.

Os carochos ou demos
 

Os traxes e as máscaras son representacións demoníacas ou zoomorfas. As cores que sempre aparecen son o negro, cor demoníaca e símbolo de maldade no cristianismo, e o vermello, cor dos demos clásicos.
 - O carocho grande: leva careta ou "carocha" de cortiza pintada de negro cos ollos reberetados en vermello, nariz alongado e cairos. Viste chaqueta negra, pel de ovella, botas e polainas. 
Suxeitos á cintura colga media ducia de chocallos e nas mans agarra unhas tenaces extensibles. 

 

Portan chocallos (cencerros) e campaíñas (esquilas), o seu son purificador afasta os males e os espíritos malignos. Ademais usan instrumentos fustigadores como tenaces extensibles de madeira, tridentes, vexigas hinchadas, etc. Lanzan cinza, palla, fariña, ou manchan con cortizas queimadas. 

  

- O chiquito: cara tiznada, melena de sedas negras de cola de vaca, zamarra de pel de ovella, silveiras ás costas, botas e polainas.

 O carocho ou diaño "chiquito"
 
- Filandorros, Xitanos e Cegos: van nun carro conducido polo "Molacillo". De pé, a "Filandorra" vestida de "Xitana" e, sentado, o Cego. Un xitano monta no burro. Reúnense todos no "Sagrao", preto da igrexa. Despois, van á casa do Alcalde a pedir licenza e, finalmente, xunto ao Cura para bautizar o Neno. 

Filandorras
Filandorra e Molacillo
 

O Cego e o Molacillo


- Os Guapos: o do Cerrón, a Madama co neno, o Galán e o do Tamboril. O Galán toca as castañolas seguindo o ritmo do Tamboril mentres a Madama mexe o Neno.


- O do Liño: levantando saias, dando golpes e manchando de negro coa corcha.



Dende a casa do cura saen os Carochos axitando tenaces e pica, os Guapos, botando confeitos e moedas (celebrando o bautizo) detrás o do Liño e os Filandorros. 
  


O cego caeu e está moribundo. Un fai de cura para darlle a Extremaunción. A "Filandorra" traza en torno a el un círculo de cinza, o Xitano remárcao coa pelota. Os Carochos tentan arrastralo fóra do círculo, este deféndese exhibindo unha cruz. 
Empeza a pelexa, emparellándose sempre o Carocho Grande co Molacillo e o Chiquito co Xitano. Os carochos danse á fuga e empezan a pedir o aguinaldo e felicitar o Ano Novo.






Segundo o protocolo: primeiro van os Carochos polas casas do lado dereito da rúa e, logo baixan polo esquerdo. Séguenlles os Guapos; o do Liño; e por último, os Filandorros. Ao atoparse cos Demos, peléxanse, atacando os Carochos ao Cego, ao que volven defender o Molacillo, o Xitano e a Filandorra.



O Molacillo e o Xitano volven xunto o Cego, chamano tocando o corno ou a caracola, pero non non responde. Finalmente localízano, para celebrar a súa resurrección cantan coplas satíricas, ao ritmo das cunchas e dunha especie de zanfoña. Agora piden  eles o aguinaldo.

Para pasar ao outro lado do pobo os Carochos cruzarán o río Frío. Na costa que hai neste barrio peléxanse outra vez.







Pola tarde, vólvense atopar en "O Canto", praza fronte á igrexa, para bailar o “chairo, charro ou brincao”. Empezan as mozas soas, mentres os da Obisparra chancean cos espectadores. Despois, estes últimos danzan coas mozas, agás coa Madama.
Un novo ataque dos Carochos contra o Cego, que remata en derrota e fuxida ás "Eras", onde bailarán unha “Jota” e cantarán novas coplas.
Outra pelexa manda aos Carochos ao barrio dos Barrancones, onde será a pelexa final.


As mascaradas de inverno (1)

As mascaradas de inverno coinciden co solsticio do inverno, no tempo dos «Doce Días Máxicos» que van dende Nadal até o Día de Reis; porém, frente as condenas de festas pagans por parte da Igrexa, algunhas subsistiron trasladando a súa celebración ao domingo e ao martes de Carnava, no mes de febreirol.
Contan cunha especial tradición nas rexións do noroeste peninsular, tanto en España cmo en Portugal. O seu obxectivo orixinal era purificar a comunidade, escorrentar os malos espíritos e traer a fertilidade aos campos, animais e persoas.
Os protagonistas adoitan ser os mozos solteiros "casadeiros", xa que algunhas se entenden como ritos de paso, mostrando as súas capacidades organizativas, forza física e destreza. Son accións que mostran á comunidade que están capacitados para asumir novos roles entre os adultos.
Estas habilidades demóstranas na preparación dos traxes e as máscaras, e o grande esforzo físico que han de desenvolver durante a súa actuación: loitas, saltos, persecucións. Á vez, piden o aguinaldo e organízan comidas comunais.

Os traxes e as máscaras son representacións demoníacas ou zoomorfas, incluíndose tamén a opción de pintar o rostro pois transforma as súas faccións naturais. As cores que sempre aparecen son o negro, cor demoníaca e símbolo de maldade no cristianismo, e o vermello, cor dos demos clásicos.
Portan chocallos (cencerros) e campaíñas (esquilas), facéndoas sonar constantemente. O son purificador que afasta os males e os espíritos malignos da comunidade. Ademais usan instrumentos fustigadores como tenaces extensibles de madeira, tridentes, vexigas hinchadas, etc. Lanzan cinza, palla, fariña, ou manchan con cortizas queimadas. A todos estes ritos adoita atribuírselles unha función fertilizadora.
 

Chegou o Maio

Maio, a primavera chegou en marzo, porén tanto en Pontevedra como en Ourense esperan a este mes maio para celebrala, cando xa está comadamente instalalada, deixandose ver no seu pleno esplendor.
A nudez do inverno cubrese de follas e flores. Celebramolo cantando e danzando alrededor do Maio.


Protexemos os portais, portas, ventanas e ata o coche. Queremos que chegue o Maio, pero que as bruxas queden fora. ¡Feliz primavera, bo traballo e  boa colleita!. O día 30 de abril, hai que ir dar unha volta para recoller xestas, que esta noite entra o maio, as bruxas están proximas a chegar, colle unha poliña e colocaa na porta da casa, no portal da horta e tamen no coche, que toda a proteción é pouca. ¡Xa chegou o Maio!.


Fotos: Darredor

As Regueifas no Jaliñeiro Unplugged

Regueifa: molete de pan ou unha rosca de ovo e azucre- que antigamente se regalaba nas vodas aos convidados. Conxunto de coplas improvisadas entre persoas que disputan finxidamente. Cantares ao desafío.

Video: Darredor

Luis Caruncho e cia / "Festival de Cans"_ Cans (Porriño, Pontevedra)