As mascaradas de inverno coinciden co solsticio do inverno, no tempo dos «Doce Días Máxicos» que van dende Nadal até o Día de Reis; porém, frente as condenas de festas pagans por parte da Igrexa, algunhas subsistiron trasladando a súa celebración ao domingo e ao martes de Carnava, no mes de febreirol.
Contan cunha especial tradición nas rexións do noroeste peninsular, tanto en España cmo en Portugal. O seu obxectivo orixinal era purificar a comunidade, escorrentar os malos espíritos e traer a fertilidade aos campos, animais e persoas.
Os protagonistas adoitan ser os mozos solteiros "casadeiros", xa que algunhas se entenden como ritos de paso, mostrando as súas capacidades organizativas, forza física e destreza. Son accións que mostran á comunidade que están capacitados para asumir novos roles entre os adultos.
Estas habilidades demóstranas na preparación dos traxes e as máscaras, e o grande esforzo físico que han de desenvolver durante a súa actuación: loitas, saltos, persecucións. Á vez, piden o aguinaldo e organízan comidas comunais.
Os traxes e as máscaras son representacións demoníacas ou zoomorfas, incluíndose tamén a opción de pintar o rostro pois transforma as súas faccións naturais. As cores que sempre aparecen son o negro, cor demoníaca e símbolo de maldade no cristianismo, e o vermello, cor dos demos clásicos.
Portan chocallos (cencerros) e campaíñas (esquilas), facéndoas sonar constantemente. O son purificador que afasta os males e os espíritos malignos da comunidade. Ademais usan instrumentos fustigadores como tenaces extensibles de madeira, tridentes, vexigas hinchadas, etc. Lanzan cinza, palla, fariña, ou manchan con cortizas queimadas. A todos estes ritos adoita atribuírselles unha función fertilizadora.

No hay comentarios:
Publicar un comentario