Festa declarada de Interese Turístico Rexional, celebrase o día 1 de xaneiro (provincia de Zamora). As mascaradas de inverno (1)
Carocha ou careta de cortiza. Praza do pobo de Ríofrio de Aliste
Nos tempos do solsticio de inverno,os «Doce Días Máxicos» que van dende Nadal até o día Día de Reis. O seu obxectivo era purificar a comunidade, escorrentar os malos espíritos e traer a fertilidade aos campos, animais e persoas.
Contamos doce personaxes, todos interpretados por homes aínda que algúns son
femininos e hai un neno de madeira.
Os
protagonistas adoitan ser os mozos solteiros "casadeiros", xa que
algunhas se entenden como ritos de paso para asumir novos roles entre os
adultos.
Os
carochos ou demos
Os
traxes e as máscaras son representacións demoníacas ou zoomorfas. As cores que sempre aparecen son o negro, cor
demoníaca e símbolo de maldade no cristianismo, e o vermello, cor dos
demos clásicos.
- O carocho grande: leva careta ou "carocha" de cortiza
pintada de negro cos ollos reberetados en vermello, nariz alongado e cairos. Viste
chaqueta negra, pel de ovella, botas e polainas.
Suxeitos á cintura colga media
ducia de chocallos e nas mans agarra unhas tenaces extensibles.
Portan chocallos (cencerros) e campaíñas (esquilas), o seu son purificador afasta os males e
os espíritos malignos. Ademais usan instrumentos
fustigadores como tenaces extensibles de madeira, tridentes, vexigas
hinchadas, etc. Lanzan cinza, palla, fariña, ou manchan con cortizas
queimadas.
- O chiquito: cara tiznada, melena de sedas negras de
cola de vaca, zamarra de pel de
ovella, silveiras ás costas, botas e polainas.
O carocho ou diaño "chiquito"
- Filandorros, Xitanos e Cegos: van nun carro
conducido polo "Molacillo". De pé, a "Filandorra" vestida de "Xitana" e, sentado, o Cego. Un xitano monta no burro. Reúnense todos no "Sagrao", preto da igrexa. Despois, van á casa do Alcalde a pedir licenza e, finalmente, xunto ao Cura para
bautizar o Neno.
Filandorras
O Cego e o Molacillo
- Os Guapos: o
do Cerrón, a Madama co neno, o Galán e o do Tamboril. O Galán toca as castañolas seguindo o ritmo do Tamboril mentres a
Madama mexe o Neno.
- O do
Liño:
levantando saias, dando golpes e manchando de negro coa corcha.
Dende a casa do cura saen os Carochos axitando
tenaces e pica, os Guapos, botando confeitos e moedas (celebrando o bautizo) detrás o do Liño e os Filandorros.
O cego caeu e está moribundo. Un fai de
cura para darlle a Extremaunción. A "Filandorra" traza en torno a el un círculo de cinza, o Xitano remárcao coa pelota. Os Carochos tentan arrastralo fóra do círculo, este deféndese exhibindo unha cruz.
Empeza a pelexa, emparellándose sempre o Carocho
Grande co Molacillo e o Chiquito co Xitano. Os carochos danse á fuga e empezan
a pedir o aguinaldo e felicitar o Ano Novo.
Segundo o protocolo: primeiro van os Carochos polas casas do lado dereito da rúa e, logo baixan polo esquerdo. Séguenlles os Guapos; o do Liño; e por último, os Filandorros. Ao atoparse cos Demos, peléxanse, atacando os Carochos ao Cego, ao que volven defender o Molacillo, o Xitano e a Filandorra.
O Molacillo e o Xitano volven xunto
o Cego, chamano tocando o corno ou a caracola, pero non non responde. Finalmente localízano, para celebrar a súa
resurrección cantan coplas satíricas, ao ritmo das cunchas e dunha especie de
zanfoña. Agora piden eles o aguinaldo.
Para pasar ao outro lado do pobo os Carochos
cruzarán o río Frío. Na costa que hai neste barrio peléxanse outra vez.
Pola tarde, vólvense atopar en "O Canto",
praza fronte á igrexa, para bailar o “chairo, charro ou brincao”. Empezan as mozas soas, mentres os da Obisparra chancean cos espectadores. Despois, estes últimos danzan coas mozas, agás coa Madama.
Un novo ataque dos Carochos contra o Cego, que remata en derrota
e fuxida ás "Eras", onde bailarán unha “Jota” e cantarán novas coplas.
Outra pelexa manda aos Carochos ao barrio dos
Barrancones, onde será a pelexa final.
No hay comentarios:
Publicar un comentario