Pasado Vilaseco, lugar batido polo aire
no alto da costa de Uces de montesía canle;
pasado Vilaseco, indo pola gandra adiante,
xa vía desde lonxe o dolmen de Dombate.
"Queixumes dos pinos". Eduardo Pondal
Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate, en Cabana de Bergantiños
Tratase de dúas construcións obra do arquitecto Francisco Vidal Pérez. Un interesante pavillón a modo de cúpula, alberga o dolmen, rodeado de amplas cristaleiras que facilitan a entrada de luz natural.
Na parte central, sobre o dolmen, unhas fiestras regulan a temperatura e humidade do edificio, abríndose ou pechándose dependendo do tempo e época do ano.
No Centro de interpretación, noutro edificio, veremos nun futuro inmediato , unha réplica exacta do dolmen, actualmente atopamos paneis informativos e materiais audiovisuais.
Foto: O Sherpa
O conxunto arqueolóxico esta formado por dous monumentos megalíticos o “Dolmen primitivo” de pequenas dimensións (foto 2, primeiro plano) e o “Dolmen recente”, o mais grande.
Foto(2): Darredor
Un túmulo de 24m de diámetro, feito con sedimentos e pedras de granito ou xisto, remata formando unha coraza cuberta de terra e vexetación.
Sepultouse o dolmen pequeno e parte do grande, quedando sómente ao aire as chantas (pedras fincadas en vertical), as que soportan outra en horizontal que tapa a anta ou cámara acolledora do defunto que enterrábase acompañado do seu enxoval (as súas pertenzas).
Sepultouse o dolmen pequeno e parte do grande, quedando sómente ao aire as chantas (pedras fincadas en vertical), as que soportan outra en horizontal que tapa a anta ou cámara acolledora do defunto que enterrábase acompañado do seu enxoval (as súas pertenzas).
No adro ou patio anterior o corredor que dá acceso á cámara, colócanse unhas esculturas pétreas a modo de Ídolos.
Esquema xeral dunha mamoa
Ilustración: María López Bedoya
No hay comentarios:
Publicar un comentario