Mostrando entradas con la etiqueta Galicia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Galicia. Mostrar todas las entradas

"Pontevedra, cuna de Colón" , 1927

Filme documental realizado por Enrique Barreiro no ano 1927. A excepcionalidade deste filme radica non só no sistema do cromacolor empregado para a súa grabación, convertindose así na primeira película en cor da historia do cinema español, senón tamén no argumento da mesma, xa que desenvolve a teoría sobre a orixe pontevedresa de Cristobal Colón. Barreiro baseouse no libro "España, patria de Colón"de Prudencio Otero Sánchez , para elaborar o guión.  

                                                                       Fotograma

Esta obra foi recentemente recientemente rescatada, restuarada e digitalizada. Este traballo levouse a cabo grazas á colaboración entre a Filmoteca Española e oCentro Galego de Artes da Imaxe-Filmoteca de Galicia.

Dirección:Enrique Barreiro                                                                                                                

Guion: Enrique Barreiro, a partir do libro "España, patria de Colón" de Prudencio Otero Sánchez

Un viaje por Galicia, 1953 -1958

Filme documental realizado por Manuel Aris, grabado entre os anos 1953-1958 ao longo de toda Galicia.
Manuel Arís, emigrado en  Montevideo  graba este filme en 16mm, un formato novedoso para a época. Realiza un percurso por toda a rexión aproveitando varias das súas viaxes a Galicia.
Este documental tivo gran éxito, sendo incluso proxectado no  Gran Cine Mitre de Buenos Aires durante varias semanas.


Un viaje por Galicia, realizado por Manuel Arís - CGAI - Filmoteca de Galicia

Un viaje por Galicia, ano 1929

Filme documental do ano 1929, realizado por Luis R. Alonso, con motivo para  da Exposición Iberoamericana de Sevilla de maio do1929, pode considerarse como unha das primeiras campañas de propaganda turística.

 
Vemos construccións que hoxe en dia xa non existen. De fondo a música de Perfecto Feijoo,"Aires da Terra" do ano 1904, un dos primeiros discos grabados en Galicia. O último fragmento de audio, pertence ó disco de Manuel Dopazo, Crónicas Porteñas.
Este filme foi restaurado para a súa difusión no ano 1991 polo Centro galego de artes da imaxe (CGAI)


Ruta Ribeiro do Avia, Ourense



Os cestos culeiros están intimamente asociados coa vendima na zona do Ribeiro, usabanse para o carrexo de esterco en inverno e primavera, a colleita estival de grao e patacas ou a outonal de uvas e castañas. Un traballo realizado por os carrexóns. O culeiro pode acumular unha carga de 80 ou 90 kg.  

  
Os cesteiros mais afamados foron os de Mondariz. A materia para tecer obtense fendendo troncos novos de castiñeiro, salgueiro, carballo, etc. O cesto consta de dúas seccións, a inferior de base cadrada e a superior con boca redonda. Nunha das caras da parte alta, baixo o arrinque do embude, ten unha asa para asegurar o amarre manual.
Denominación de orixe O Ribeiro

   
 

Muiños de vento de Abalo, Catoira, Pontevedra

Conxunto de Muíños do Monte Mesón: Finais s. XIX - Principios do s. XX 
Feitos de cachotería de granito, son de planta circular co chan de pedra agás unha porta de madeira no chan, que leva a un pequeno cubículo soterrado. A cuberta é con tellas e pedras para evitar que o vento as levante. Os elementos mecánicos son moi sinxelos; neste caso, representan a tipoloxía de TORRE e CUBERTA FIXA. A TRABE, ou eixe horizontal, atravesa diametralmente a torre; a ambos lados ten catro VAREIROS, onde van as ASPAS ou ABANOS.Soen pertencer a un só propietario, en ocasións aparecen gravadas as iniciais do seu nome e as marcas de identidade do canteiro no lintel da porta.
 

Paisaxe sonora da costa de Ferrol: Mapa de ruta




Coído, Punta Lavandeira
 

Panorámica dende o Monte Ventoso

Itinerario Ferrol - A capelada: Mapa de ruta

Itinerario Ferrol - A capelada: Cabo Ortegal
 

Itinerario Ferrol - A capelada: Cariño, Ría de Ortigueira

Ruta ecoxeográfica da costa de Ferrol: Praia dos cortellos

Ruta ecoxeográfica da costa de Ferrol: Punta frouxeira

Piornedo, Os Ancares (Lugo)

Piornedo (Donís), concello de Cervantes, Serra dos Ancares, Lugo
 
 
Palloza e hórreo


Horreo de Piornedo
 

Cociña dunha palloza de Piornedo

Subida ao Mustallar dende Piornedo

Subida ao Mustallar dende Piornedo

 Subida ao Mustallar en inverno dende Piornedo
Fotos: Darredor