Mostrando entradas con la etiqueta Cine. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cine. Mostrar todas las entradas

"Pontevedra, cuna de Colón" , 1927

Filme documental realizado por Enrique Barreiro no ano 1927. A excepcionalidade deste filme radica non só no sistema do cromacolor empregado para a súa grabación, convertindose así na primeira película en cor da historia do cinema español, senón tamén no argumento da mesma, xa que desenvolve a teoría sobre a orixe pontevedresa de Cristobal Colón. Barreiro baseouse no libro "España, patria de Colón"de Prudencio Otero Sánchez , para elaborar o guión.  

                                                                       Fotograma

Esta obra foi recentemente recientemente rescatada, restuarada e digitalizada. Este traballo levouse a cabo grazas á colaboración entre a Filmoteca Española e oCentro Galego de Artes da Imaxe-Filmoteca de Galicia.

Dirección:Enrique Barreiro                                                                                                                

Guion: Enrique Barreiro, a partir do libro "España, patria de Colón" de Prudencio Otero Sánchez

A viaxe por Galicia da fotografa Ruth Matilda Anderson

Hai poucos días presentábase na web  o filme documental "A viaxe de Ruth", dirixido por Xaime Pardo e Xosé Reigosa.
Este filme relata a viaxe que fixo a fotógrafa americana Ruth Matilda Anderson xunto co seu pai Alfred, por encargo da Hispanic Society of America, pola Galiza dos anos vinte.
Ruth viaxou dúas veces a Galicia, no ano 1924 desembarcaba por primeira vez no porto de Vigo, onde chegou acompañada do pai, tamén fotógrafo. A segunda visita foi no ano 1926.

 
A idea inicial era documentar a forma de vida na Galiza e os seus vencellos coa terra e o mar, as tradicións, usos e costumes (romarías, feiras, fotos de familia, paisaxes, monumentos etc.).
Un dos aspectos mais salientables deste traballo é a colección de fotos que fai das mulleres e os seus oficios, así como o das redeiras, pescadoras.
Vemos entrevistas feitas a varios descendentes dos protagonistas das imaxes que tomou daquela. Alén de algunhas imaxes actuais dos lugares que fotografou na época.
  • Gallegan Provinces of Spain: Pontevedra and La Coruña. New York, The Hispanic Society of America (1939)



Un viaje por Galicia, 1953 -1958

Filme documental realizado por Manuel Aris, grabado entre os anos 1953-1958 ao longo de toda Galicia.
Manuel Arís, emigrado en  Montevideo  graba este filme en 16mm, un formato novedoso para a época. Realiza un percurso por toda a rexión aproveitando varias das súas viaxes a Galicia.
Este documental tivo gran éxito, sendo incluso proxectado no  Gran Cine Mitre de Buenos Aires durante varias semanas.


Un viaje por Galicia, realizado por Manuel Arís - CGAI - Filmoteca de Galicia

Un viaje por Galicia, ano 1929

Filme documental do ano 1929, realizado por Luis R. Alonso, con motivo para  da Exposición Iberoamericana de Sevilla de maio do1929, pode considerarse como unha das primeiras campañas de propaganda turística.

 
Vemos construccións que hoxe en dia xa non existen. De fondo a música de Perfecto Feijoo,"Aires da Terra" do ano 1904, un dos primeiros discos grabados en Galicia. O último fragmento de audio, pertence ó disco de Manuel Dopazo, Crónicas Porteñas.
Este filme foi restaurado para a súa difusión no ano 1991 polo Centro galego de artes da imaxe (CGAI)


"O carro e o home"

Observamos os traballos do campo a traves dun carro de labor. Contanos a historia dun carro, dende o seu nacemento, cando era un simple tronco ata que remata a súa vida útil adornando a leira.
No ano 1941, finalizada a rodaxe. Xoaquín Lorenzo (Xocas) gardaría unha copia e no ano 1980 se montou en colaboración co Museo do Pobo por iniciativa do cineasta Eloy Lozano. Carlos Serrano de Osma sonorizaría outra copia pola súa conta no ano 1945. 



Dirección:  Antonio Román
Guión: Xoaquin Lorenzo e Antonio Román

"The Maker" and "Winter"

Narración inspirada pola música da composión "Winter" do músico australiano Paul Halley.

Ano 2010 , película de animación en stop-motion. 
Director: Christopher Kezelos  
Guión: Christopher Kezelos 
Productores: Christine Kezelos e Christopher Kezelos
Diseño de titeres: Amanda Louise Spayd
Proxectado en más de 60 festivais e 21 premios, entre eles en el Festival Internacional de Cine de Rhode Island , Festival de Cortometrajes de CFC Worldwide , Festival de Cine de Sydney y SICAF 2012.

"La Jetée", Chris Marker

La Jetée (1962), de Chris Marker, película mediometraxe de ciencia ficción francesa,. Está compuesta casi completamente de imágenes fotográficas fijas con una narración de voz en off.  

-Música: Trevor Duncan
-Fotografía: Jean Chiabaud

La Jetée (o peirao): Tras unha apocalíptica guerra nuclear. Un home trata de reconstruir a lembranza da sua amada, en tempos da Terceira Guerra Mundial.  
Unha comunidade subterránea de neo-totalitarios científicos, do bando vencedor, chega á conclusión de que o único modo de salvar á humanidade é viaxar a través do tempo. Mandar unha persoa ó pasado para pedir axuda, ou ó futuro para buscar solucións para o presente. 
 

"El vendedor de humo", Jaime Mestro

El Vendedor de Humo

 Curtametraxe de animación nominado aos Goya 2012. Dirixida por Jaime Mestro e producida por PrimerFrame , Escuela de Animacion.
Historia dun vendedor ambulante que ofrece facer realidade os sonos da xente, para atraerlos desplegara todo o seu inxenio.

Dez anos do Prestige: Documental "Marea blanca" de ISabel Coixet

Isto pasou un 13 de Novembro de 2002. Hoxe, 16 de Outubro de 2012, comeza o xuizo do Prestige, dez anos despois....... "Marea blanca" é un documental realizado por Isabel Coixet coa colaboración de varios dos que foron voluntarios na limpeza da "Marea negra" producida polo chapapote tras o afundimento do petroleiro "Prestige".  Ademais, conta con Antón Reixa quen presenta o seu poema "Mar de mans".

Apoloxía a beleza

Fragmento da película estado unidense "American Beauty", dirixida por Sam Mendes no ano 1999. Música: "Plastic bag theme", Thomas Newman
"As veces hai tantisima beleza no mundo, que sinto que non o aguanto e que o meu corazón se está derrumbando"

As flores da cerdeira

Foto: Darredor

A primavera en plena efervescencia. A flores da cerdeira e ameixeira están en plena floración.

 Cerdeira en flor
Foto: Darredor

 Din que a mellor época para visitar Xapón é a primavera o outono. Xa que ambas estacións caracterízanse, pola gradación de cores que regala a gran cantidade de vexetación que cubre o país. Vexamos a película alemana  "Kirschblüten" ("Cerezos en flor"), de Doris Dörrie, ano 2008.