Mostrando entradas con la etiqueta Serra do Courel. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Serra do Courel. Mostrar todas las entradas

Pregamento de Campodola,"Sinclinal do Courel" (Quiroga, Lugo)

Dende o Miradoiro de Campodola observamos o gran pliegue deitado do "Sinclinal do Courel", conservado prácticamente intacto.Por enclavarse perto das aldeas de Campodola y Leixazós, se coñece como "Pregamento Xeolóxico Campodola-Leixazós". 
Temos unha panorámica duns 2 km, cunha perspectiva  case ó nivel do plano axial subhorizontal  do pliegue. Figura como Punto de Interés Xeológico de rango internacional desde 1983 e no 2012   foi declarado monumento natural.
A saida da vila de Quiroga atapomos o Museo de Xeoloxía e Palenteoloxía da Galicia, centro de interpretación sobre os lugares de importancia xeolóxica da zona, como o Sinclinal, as pegadas glaciares do Val da Seara, a Lagoa da Lucenza, etc. No museo tamen topamos referencias á Minería romana, como no Tunel de Montefurado.

Vídeo: Darredor

Cores de inverno (2): Serra do Courel, Castelo de Carbedo

Varios paneis á saída do cámping de Esperante describen rutas. Unha delas lévanos o Castelo de Carbedo, construción de pasado incerto, merecería facer unha pequena recompilación de bibliografía para darlle unha explicación certa o seu orixe. Deixarémolo para a próxima ocasión.
Foto: Darredor

Bonito pobo Esperante, como todos os desta serra acompañado dun bonito souto, que nos recibe. Castiñeiros locen baixos e grosos, tronco macizo ou oco, convértense en cabanas.
Os castiñeiros son robustos, case tan anchos coma altos, hai quen pensa que son así ó natural. A intervención humana xoga un importante papel no seu desenvolvemento, foron podados para o aproveitamento da castaña, froito de primeira necesidade antes da chegada da pataca dende América. Quizais doutro xeito serían tan altos como aqueles da Fraga de Catasós en Lalín (Pontevedra), esveltos carballos de mais de 30m de altura e non menos de 5 de diámetro.

 Foto: O Sherpa

Cores de inverno (1): Serra do Courel, Lagoa da Lucenza

Visitar a Serra do Courel en inverno é unha boa opción. Este lugar recibe gran cantidade de foráneos no outono, agasallanos á vista os bosques que amosan unha fermosa gradación de cores, ós estómagos as castañas recen saídas dos ourizos, porén chegaron os fríos días de inverno, a terra descansa, vense as hortas cun par de repolos, verzas e boa  herba para os animais, que  abúrrense na corte.

  Foto: O sherpa
Os cazadores corren monte arriba e abaixo a procura de xabarís, este ano foron 200 pezas, agora ben gardados nos arcóns conxeladores, coméntannos que vaille ben, estar un mes no frío, para quitarlle o bravío do monte, que fai a diferenza con aquel porco criado no cortello. O mesmo señor, do pobo de Moreda, dinos, que vén de rematar a tempada de caza e que 200 máis que terían que ter collido, porque cada día faise máis difícil convivir con eles, viven moi preto das aldeas e fozan todo, no tempo no que había lobos  non pasaba, mantíñannos a raia. 

   Foto: O sherpa

Tamén nos din que dende  Ancares entran os rebecos que mataron mais dunha ovella; non as comen, porque son tan herbívoros como elas, pero máis bravos e cuns bos cornos. Tamén viuse un oso, houbo algún que ata lle sacou unha foto e que tomando uns vasos no pobo non lle crían que tal cousa vira.
As cores verdes, amarelas e vermellas do outono tornáronse de cor castaña.  Vemos de lonxe na ladeira, as pólas das arbores núas, todas xuntas fan unha mancha gris, polo medio o negro da lousa e o acastañado das follas, coloreando o chan.

 Foto: Darredor

A paisaxe ateigada  de follas caídas dos castiñeiros, carballos, faias e sobreiras, no entanto observamos como permanecen perennes aquelas das aciñeiras e acivros. O terreo está seco, vai sol,  hai neve a un lado e outro do camiño e por treitos tamén debaixo dos nosos pés, alguén protesta polo medo a esvarar, as botas non lle agarran, teñen o piso un pouco gastado, liso de máis.
Alto do Couto, ben formado, pasos para salvar os regatos, pedras con carriza que fan un asento mol. Pouco a pouco, chegamos ás Fontes do Cervo, estamos na Devesa da Rogueira, na vertente norte do Monte Formigueiros, o máis alto da Serra con 1643 m.
Dous mananciais, un pegado ao outro, dúas augas unha ferruxinosa e outra calcaria, vermella e abrancazada, unha ten ferro a outra de calcio. Ambas as dúas, coa propiedade de facer recuperar o apetito, dan por chamala tamén a Fonte da Fame. Hoxe obséquianos cuns fermosos carambelos de xeo. Enchemos a botella na de ferro, sabe a terra, pero bébese ben, hai que abrir boca, para en chegando á Lagoa da Lucenza darlle ao bocadillo e ao chocolate.

 Foto: Darredor

Sobresae O Formigueiros, unha lomba suave e redondeada, seguimos subindo, un pouco máis e veremos cara abaixo a Lagoa glaciar de Lucenza. Vales, morrenas, lagoas,  restos dalgunha glaciación. Xa a vemos, debuxa case unha circunferencia perfecta, está branca, de seguro que con xeo. Ao seu redor todo seco, alí nesa herba seca do inverno sentarémonos a comer  e pode terzarse unha sesta. 

  Foto: O sherpa
Unha capa de xeo cobre toda superficie, menos as beiras soleadas, houbo quen se puxo a camiñar por enriba... Quen os vería se rompese!, molladiños correndo polo camiño, estrañando o quente do bungalow do camping de Esperante. Comemos, descansamos e marchamos.

Fotos: O sherpa

Unha cervexa, unha ducha e a cear sopa de cocido, uns troitas e outros xabaril con castañas, queixo do Cebreiro con mel ou marmelo, non había a torta de castañas, pero había unha de queixo enfornada, case rematou o día, non pode fatar o licor café.

Lagoa da lucenza, Serra do Courel

Vistamos a Lagoa glaciar da Lucenza perto da bonita aldea da Seara, estamos no mes de Marzo e ven de nevar, a paisaxe está increible. Decidimos non baixar ata ela, xa que a consistencia da neve impide camiñar con comodidade, polo que iniciamos o camiño de volta, retomamos o mesmo polo que viñemos, pasando polo alto do Couto e vistando as Fontes do cervo. Tamén existe a posibilidade de abceder dende a aldea da Seara.
      Foto: O Sherpa

Serra do Courel

Teixeira (Val de Lóuzara)
Pico Formigueiros
Paisaxe outonal
                              Fotos: O Sherpa