Encamiñados cara o Nordeste de Italia,
rozando Austria, estamos chegando ós Alpes Orientais
italianos onde se alza maxestuosa a Serra dos Dolomitas, ocupando parte
das
rexións do Véneto, Trentino, e Alto Adigio (tamén chamado Südtirol
debido á influenza austríaca). Na Provincia
véneta de Belluno,
atópase Cortina d'Ampezzo, en pleno centro da Serra, vila coñecida
internacionalmente, sede das Olimpíadas de inverno no
1956.
Parte do norte de Italia, pertencía ó Imperio Austrohúngaro antes da 1ª
Guerra Mundial. Motivo polo que diversas áreas estaban diferenciadas
administrativa, histórica e culturalmente. Así, o Trentino é de influenza
italiana, sendo Trento a súa capital; mentres que o Alto Adigio ou Sütirol, é de influenza Austríaca, sendo a capital
Bolzano (Bozen, en alemán), polo que non extraña escoitar falar alemán.
Foto: O_Sherpa
Os Dolomitas, repártense en varios grupos, caracterízanse polos enormes macizos que emerxen illados a modo de torres con fendas e agullas, amplos vales, bosques e prados.
Estes están compostos na súa maioría pola rocha calcaria chamada "dolomía", en homenaxe ó xeólogo Déodat de Dolomieu. Grandes torres, agullas, fendas e restos da erosión acumulados formando os característicos “ghiaioni”.

Declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano
2009. Algúns dos macizos principais son os de Sella (3.152 m), Brenta
(3.173 m), Pale di San Martino (3.184 m), Civetta (3.218 m), Pelmo
(3.168 m), Cristallo (3.216 m), Antelao (3.264 m), Sorapiss (3.205 m),
Le Tofane
(3.244 m) e Marmolada (3.342 m) onde está o pico máis alto.
Foto: O_Sherpa
Le Dolomiti di Brenta
O
macizo de Brenta exténdese uns 40 km de Norte-Sur, e preto de 12 km
Este-Oeste. Todo o grupo de Brenta está incluído no Parque Natural de
Adamello-Brenta.
Macizo de Brenta
Para
acceder a Dolomiti di Brenta o máis fácil é facelo
desde Madonna di Campiglio. Se queremos experimentar a montaña, atopamos
numerosos sendeiros marcados con bandas vermellas e brancas, que
podemos percorrer entre o mes de xuño ata finais de setembro, xa que o
resto do ano a zona está cuberta de neve, e dá para gozar do esquí.
Existen tamén rutas para bicicleta.

O máis característico dos Dolomitas son as Vías ferratas, que consisten en sendeiros que antigamente se equipaban para salvar pasos difíciles. A súa orixe remóntase á Primeira Guerra Mundial, con fins militares, estas "rutas con ferros" (literalmente) servían para aprovisionar os "niños de águia" e posicións avanzadas tanto por parte das tropas italianas como das austríacas.
Estas vías ferratas están equipadas con cables, escadas, grapas, pontes colgantes, etc. Son percorridos polo xeral aéreos, non aptos para persoas con vértigo.
Via Ferrata Giuseppe Vidi

Fotos: O Sherpa

Flores alpinas
Edelweiss
Foto: Darredor
Amapola amarela alpina, Papaver rhaeticum
Foto: Darredor
Formigueiro
Foto: Darredor
Vía ferrata "Sentiero Alfredo Benini"

Vía ferrata "Sentiero Alfredo Benini"
Este sendeiro é parte da famosa "Via delle Bocchette",
vía que fai a travesía polos cumios máis importantes do Gruppo di
Brenta e é unha das rutas máis belas dos alpes italianos. Tomando o
teleférico en Campo Carlo Magno ata o Passo del Grostè chégase ao
Rifugio Stoppani. O sentiero Alfredo Benini une este
último refuxio coa Bocca di Tuckett (2648m), no corazón do Macizo de
Brenta, desde a que se pode baixar ata o Rifugio Tuckett ou seguir pola
Via delle Bocchette Alta.
Ladeira da Cima del Grostè, no inicio do Sentiero Alfredo Benini
Semella
que estamos paseando nunha auténtica paisaxe lunar, pisando amplos
vales glaciares en forma de U semellando as "Brentas" ou pías taladas en
troncos e postas horizontais que se utilizaban como bebedeiro dos
animais.
Vedretta (Glaciar) di Vallesinella, desde a Bocca di Vallesinella

Buscando a Wally... por onde vai a xente?
Campanile dei Camosci (2914m, esquerda) e Cima del Grostè (2898m, centro)
Vedretta di Vallesinella, desde a Bocca de Vallesinella
Baixada á Bocca di Tuckett (2648m)
Escadas para facilitar o acceso á Bocca di Tuckett
Baixando pola Vedretta di Brenta Inferior cara ao refuxio Tuckett
Vistas cara á Cima Sella (2917m) e a Bocca di Tuckett
Fotos: O Sherpa

Xunto con Madonna di Campiglio (Dolomiti di Brenta), Cortina
d'Ampezzo é outra das vilas máis turísticas, sobre todo pola gran
cantidade de pistas de esquí que posúe. No ano 1956 albergou unhas
Olimpíadas de Inverno. É unha vila cunha posición privilexiada no medio
dos Alpes Dolomitas, preto dos macizos máis impresionantes (Cristallo,
Tafone, Tre Cime di Lavaredo,...).
Monte Cristallo (3154m) desde o Lago di Landro

Croda Rossa (3146m), entre o Lago di Landro e Cortina d'Ampezzo

Cortina d'Ampezzo - Instalación de Angiola Tremonti: "Bosco Incantato"
Lago Misurina - vista cara ás Tre Cime di Lavaredo
Passo Falzàrego (2105m)
Passo Falzàrego - Vista da Marmolada (3343m) e do seu glaciar
Passo Falzàrego - Marmota
Passo Falzàrego - Navegando nun mar de nubes
Paso Falzàrego - Cinque Torri (2361m)
Passo Falzàrego - Vista cara ao Gruppo del Sorapiss
Passo Falzàrego - Tafona de Rozes (3225m) e Gruppo del Sorapiss (dereita)
Fotos: O Sherpa & Darredor
O Passo Falzàrego ofrece unha das vías ferratas máis sinxelas e nas que se pode ver a dura vida dos militares austrohúngaros e italianos durante a Gran Guerra. O Pico Lagazuoi Piccolo consta de gran cantidade de galerías escavadas na montaña para obter mellores posicións defensivas e para aprovisionar ás tropas. Nesta montaña poden verse tamén parte das derrubas debidas a cinco voladuras (catro autrohúngaras e unha italiana), que afectaron as faixas e paredóns do Lagazuoi Piccolo. Non hai que esquecer levar o frontal para moverse polas galerías.

darlle algo máis de emoción á ruta, o mellor é tomar despois o desvío
da Cengia Martini para chegar a outras posicións defensivas. Este camiño
é algo máis exposto pero faise sen complicacións.
Passo Falzàrego e Lagazuoi Piccolo (2788m)
Esquema das galerías escavadas durante a 1ª Guerra Mundial
Vía ferrata do Lagazuoi Piccolo - Inicio da ruta
Vía ferrata do Lagazuoi Piccolo - Posicións defensivas
Vía ferrata do Lagazuoi Piccolo - Rifugio Lagazuoi e zona de voladuras na I GM
Vía ferrata do Lagazuoi Piccolo - barraca de oficiais italianos
Vía ferrata do Lagazuoi Piccolo - Marmolada (3243m) e teleférico do Rif. Lagazuoi
Vía ferrata do Lagazuoi Piccolo - Cengia Martini
Vía ferrata do Lagazuoi Piccolo - Cengia Martini - posicións defensivas
Passo Falzàrego - camiñando cara ao Monte Averau (2649m)
Fotos: O Sherpa & Darredor
Dolomiti di Auronzo e Misurina: Ruta circular arredor das Tre Cime di Lavaredo e Via Ferrata delle Scalette (Torre Toblin)
Unha das zonas máis fermosas e coñecidas de Dolomitas é a que corresponde cos 3 cumios de Lavaredo (Tre Cime di Lavaredo, en italiano; e Drei Zinnen, en alemán). Están dentro do Parco Naturale Tre Cime e limita coa Provincia Autónoma de Bolzano - Alto Adige e coa Provincia de Belluno (Véneto). Os tres cumios teñen alturas de 2999m (Cumio Grande), 2973m (Cumio Oeste) e 2857m (Cumio Pequeno).

Ata 1919 os cumios formaban a fronteira entre Austria e Italia, pero agora están totalmente dentro de Italia.
O
acceso ao Rifugio Auronzo é a través de Misurina, seguindo unha estrada
privada e de pago (22 euros). Sen embargo, merece a pena pagar este
peaxe. As "dolomías" das Tre Cime non decepcionan.
Na
ruta circular arredor das 3 Cime di Lavaredo, saíndo do Rifugio Auronzo
pásase polo Rifugio Lavaredo e, logo de atravesar a Forcella Lavaredo,
chégase ao Rifugio Locatelli, na parte norte das 3 Cime.
Desde o Rifugio Locatelli pódese facer a Vía Ferrata delle Scalette, que permite ascender a Torre Toblin (2617m). Durante a 1ª Guerra Mundial, o cumio deste pico era un punto de observación austríaca pero só se podía acceder a el pola noite xa que polo día estaban espostos ao fogo das posicións defensivas italianas. Os austríacos puxeron moitas escaleiras para facilitar o acceso ao cumio, de aí o nome de Via Ferrata delle Scalette (Vía Ferrata das Escadas). As escadas de madeira orixinais foron substituídas por outras metálicas; sen embargo, aínda poden verse algunhas durante a ascensión. Esta vía ferrata é asequible, pero xa presenta unha certa dificultade e é preciso ter bo control sobre a vertixe.

Rifugio Auronzo
Forcella Lavaredo
Rifugio Locatelli e Torre Toblin (2617m)
Valon de Lavaredo
Rifugio Locatelli desde Forcella Lavaredo
Rifugio Locatelli e Torre Toblin
Indicación da Vía Ferrata delle Scalette (Torre Toblin)
Torre Toblin (2617m)
Vía Ferrata delle Scalette - Torre Toblin (2617m)
Vía Ferrata delle Scalette - Torre Toblin (2617m)
Vistas cara Croda Rossa di Sesto e Monte Popera
Vía Ferrata delle Scalette - Torre Toblin (2617m)
Vistas cara a Crodon di San Candido
Rifugio Locatelli - Monte Paterno (2744m)
Fotos: O Sherpa & Darredor
A
quen non lle soa o famoso Concilio de Trento??!! Pois resulta que ese
lugar que esperas tan casposo e retrógrado é un sitio moi fermoso. Un
paseo polas súas rúas deixa claro o seu pasado esplendoroso: moitos
palazzos con frescos e esculturas e un entorno da catedral espectacular.
É unha cidade pequena, do tamaño de Santiago, pero que vale moito a
pena dar un pequeno rodeo para visitalo xunto cos Dolomitas.
Norte de Italia: Trento, no corazón dos Dolomitas
Piazza del Duomo - Caffé Italia

Piazza del Duomo - Caffé Italia & Fonte
Piazza del Duomo - Caffé Italia -Detalle
Piazza del Duomo - Museo Diocesano Tridentino
Piazza del Duomo - Detalle da catedral (Duomo)
Piazza del Duomo - Pía bautismal e frescos da catedral
Castello del Buonconsiglio
Palazzo Quetta Alberti-Colico
Parking ciclista & Galería efímera trentina
Parking reservado para caninos!!!
Fotos: O Sherpa & Darredor
A Via
Ferrata Bepi Zac está situada no Val di Fassa e é accesible desde o
Passo di San Pellegrino. Esta Via Ferrata segue no seu percorrido unha
das máis famosas liñas defensivas austríacas da 1ª Guerra Mundial, onde
morreron moitos italianos que trataban de pasar o Val di Fassa. Hai
moitos restos de fortificacións e trincheiras.
Esta
Via Ferrata está dividida en dúas partes, delimitadas pola Forcella di
Ciadin (2664m), onde se pode descender de novo cara ao Passo di San
Pellegrino. A primeira parte é a máis asequible e pasa pola Cima di
Campagnaccia (2737m), a Cima di Costabella (2762m) e o Sasso di
Costabella (2715m) antes de desembocar na Forcella di Ciadin (2664m).
Aquí é onde están os restos das posicións defensivas e das trincheiras; é
un museo a ceo aberto.
A
segunda parte é máis delicada e con terreo máis alpino. Saíndo da
Forcella di Ciadin, pasa polo Om Gran (2805m) e baixa á Forcella d'Uomo,
bordea a Cima d'Uomo (3010m, ao que se pode subir). Logo accédese á
Forcella Laghet (2765m) e báixase cara ao Rifugio Fuciade, desde onde se
accede por camiño forestal ata o Passo San Pellegrino.
Via Ferrata Bepi Zac - Rifugio Passo le Selle

Sasso Lungo (3181m)
Gruppo del Sella e Piz Boé (3152m)
Via Ferrata Bepi Zac - Restos de trincheiras
Travesía despois da Cima di Costabela (2762m)
Trincheiras e Sasso Lungo
Gruppo del Sella e Piz Boé (3152m)
Trincheiras e Marmolada
Sasso Lungo e Grupo del Sella
Posicións defensivas en El Ciastel de Costabela
Via Ferrata Bepi Zac
Via Ferrata Bepi Zac - Marmolada
Desde a Forcella del Ciadin: Gruppo del Sella e Piz Boé (3152m)
Travesía preto da Cima dell'Uomo (3010m)
Baixada ao Rifugio Fuciade, ao fondo Pale di San Martino (3192m)
Quitaneves no Rifugio Fuciade
Pale di San Martino (3192m) desde o Rifugio Fuciade
Fotos: O Sherpa & Darredor
No hay comentarios:
Publicar un comentario