Mostrando entradas con la etiqueta mascaradas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mascaradas. Mostrar todas las entradas

As mascaradas de inverno (2): Os carochos de Riofrío de Aliste (Zamora)

Festa declarada de Interese Turístico Rexional, celebrase o día 1 de xaneiro (provincia de Zamora). As mascaradas de inverno (1)

Carocha ou careta de cortiza. Praza do pobo de Ríofrio de Aliste
 

Nos tempos do solsticio de inverno,os «Doce Días Máxicos» que van dende Nadal até o día Día de Reis. O seu obxectivo era purificar a comunidade, escorrentar os malos espíritos e traer a fertilidade aos campos, animais e persoas.
Contamos doce personaxes, todos interpretados por homes aínda que algúns son femininos e hai un neno de madeira. Os protagonistas adoitan ser os mozos solteiros "casadeiros", xa que algunhas se entenden como ritos de paso para asumir novos roles entre os adultos.

Os carochos ou demos
 

Os traxes e as máscaras son representacións demoníacas ou zoomorfas. As cores que sempre aparecen son o negro, cor demoníaca e símbolo de maldade no cristianismo, e o vermello, cor dos demos clásicos.
 - O carocho grande: leva careta ou "carocha" de cortiza pintada de negro cos ollos reberetados en vermello, nariz alongado e cairos. Viste chaqueta negra, pel de ovella, botas e polainas. 
Suxeitos á cintura colga media ducia de chocallos e nas mans agarra unhas tenaces extensibles. 

 

Portan chocallos (cencerros) e campaíñas (esquilas), o seu son purificador afasta os males e os espíritos malignos. Ademais usan instrumentos fustigadores como tenaces extensibles de madeira, tridentes, vexigas hinchadas, etc. Lanzan cinza, palla, fariña, ou manchan con cortizas queimadas. 

  

- O chiquito: cara tiznada, melena de sedas negras de cola de vaca, zamarra de pel de ovella, silveiras ás costas, botas e polainas.

 O carocho ou diaño "chiquito"
 
- Filandorros, Xitanos e Cegos: van nun carro conducido polo "Molacillo". De pé, a "Filandorra" vestida de "Xitana" e, sentado, o Cego. Un xitano monta no burro. Reúnense todos no "Sagrao", preto da igrexa. Despois, van á casa do Alcalde a pedir licenza e, finalmente, xunto ao Cura para bautizar o Neno. 

Filandorras
Filandorra e Molacillo
 

O Cego e o Molacillo


- Os Guapos: o do Cerrón, a Madama co neno, o Galán e o do Tamboril. O Galán toca as castañolas seguindo o ritmo do Tamboril mentres a Madama mexe o Neno.


- O do Liño: levantando saias, dando golpes e manchando de negro coa corcha.



Dende a casa do cura saen os Carochos axitando tenaces e pica, os Guapos, botando confeitos e moedas (celebrando o bautizo) detrás o do Liño e os Filandorros. 
  


O cego caeu e está moribundo. Un fai de cura para darlle a Extremaunción. A "Filandorra" traza en torno a el un círculo de cinza, o Xitano remárcao coa pelota. Os Carochos tentan arrastralo fóra do círculo, este deféndese exhibindo unha cruz. 
Empeza a pelexa, emparellándose sempre o Carocho Grande co Molacillo e o Chiquito co Xitano. Os carochos danse á fuga e empezan a pedir o aguinaldo e felicitar o Ano Novo.






Segundo o protocolo: primeiro van os Carochos polas casas do lado dereito da rúa e, logo baixan polo esquerdo. Séguenlles os Guapos; o do Liño; e por último, os Filandorros. Ao atoparse cos Demos, peléxanse, atacando os Carochos ao Cego, ao que volven defender o Molacillo, o Xitano e a Filandorra.



O Molacillo e o Xitano volven xunto o Cego, chamano tocando o corno ou a caracola, pero non non responde. Finalmente localízano, para celebrar a súa resurrección cantan coplas satíricas, ao ritmo das cunchas e dunha especie de zanfoña. Agora piden  eles o aguinaldo.

Para pasar ao outro lado do pobo os Carochos cruzarán o río Frío. Na costa que hai neste barrio peléxanse outra vez.







Pola tarde, vólvense atopar en "O Canto", praza fronte á igrexa, para bailar o “chairo, charro ou brincao”. Empezan as mozas soas, mentres os da Obisparra chancean cos espectadores. Despois, estes últimos danzan coas mozas, agás coa Madama.
Un novo ataque dos Carochos contra o Cego, que remata en derrota e fuxida ás "Eras", onde bailarán unha “Jota” e cantarán novas coplas.
Outra pelexa manda aos Carochos ao barrio dos Barrancones, onde será a pelexa final.


As mascaradas de inverno (1)

As mascaradas de inverno coinciden co solsticio do inverno, no tempo dos «Doce Días Máxicos» que van dende Nadal até o Día de Reis; porém, frente as condenas de festas pagans por parte da Igrexa, algunhas subsistiron trasladando a súa celebración ao domingo e ao martes de Carnava, no mes de febreirol.
Contan cunha especial tradición nas rexións do noroeste peninsular, tanto en España cmo en Portugal. O seu obxectivo orixinal era purificar a comunidade, escorrentar os malos espíritos e traer a fertilidade aos campos, animais e persoas.
Os protagonistas adoitan ser os mozos solteiros "casadeiros", xa que algunhas se entenden como ritos de paso, mostrando as súas capacidades organizativas, forza física e destreza. Son accións que mostran á comunidade que están capacitados para asumir novos roles entre os adultos.
Estas habilidades demóstranas na preparación dos traxes e as máscaras, e o grande esforzo físico que han de desenvolver durante a súa actuación: loitas, saltos, persecucións. Á vez, piden o aguinaldo e organízan comidas comunais.

Os traxes e as máscaras son representacións demoníacas ou zoomorfas, incluíndose tamén a opción de pintar o rostro pois transforma as súas faccións naturais. As cores que sempre aparecen son o negro, cor demoníaca e símbolo de maldade no cristianismo, e o vermello, cor dos demos clásicos.
Portan chocallos (cencerros) e campaíñas (esquilas), facéndoas sonar constantemente. O son purificador que afasta os males e os espíritos malignos da comunidade. Ademais usan instrumentos fustigadores como tenaces extensibles de madeira, tridentes, vexigas hinchadas, etc. Lanzan cinza, palla, fariña, ou manchan con cortizas queimadas. A todos estes ritos adoita atribuírselles unha función fertilizadora.
 

O entroido en Vigo: "Os Merdeiros"

Personaxe característico do Entroido en Vigo ata os anos vinte, decada na que foi prohibido, por ser "malsonantes" e escatolóxicos. Esta figura está ligada ó "Berbés" e plasma a rivalidade entre as xentes do mar e o campo. Os mariñeiros burlábanse dos agricultores, cando  baixaban ó porto a buscar vísceras de peixe e algas para estercar as leiras.
Os mariñeiros disfrazados de "merdeiros" parodiaban ós labregos, ían polo casco vello tirando tripas de peixe e incordiando á xente.
Dende aquela volveron a sair as rúas no 2006 grazas ó empeño de Xerardo Santomé e os patrocinadores do evento, a "Asociación Etnográfica A Merdeira", agrupación froito das das organizacións Casco Vello e  A Revolta, xa dispoñen duns 25 traxes completos.
"Os merdeiros, a recuperación", é un documental de Breixo Parcero e Vanessa Rodríguez.

 

Entroido: atranque ou alto dos Xenerais da Ulla, Aríns, Santiago de Compostela

Xeneral
   Foto: O Sherpa
 
Correo
 
Foto: O Sherpa
  
Xeneral
  Foto: O Sherpa
 
Correo
Foto: O Sherpa
 
Correo
 
  Foto: Darredor
 
Gorreta dun Correo
  Foto: Darredor
 
Tricornio dun Xeneral
  Foto: O Sherpa

O Entroido, o tempo das filloas e orellas

As filloas da pedra,
 Cociñeira: Carmen Nogueira


              


Os Boteiros de Vilariño de Conso, Ourense

Boteiros de Viana do Bolo, Ourense

Danza das mázcaras, Manzaneda, Ourense


Peliqueiros de Laza, Ourense
 
                 
"O Oso de Salcedo", Pobra de Broullón, Lugo
 

O entroido ribeirao de Chantada, Lugo

Volantes portando os "Puchos

 Danza dos Volantes
 

Volantes portando os "Puchos" e gaitieros

Peliqueiros e mecos
Fotos: Darredor 

Entroido ribeirao, Santiago de Arriba (Chantada, Lugo)

Volantes portando os "Puchos

A ribeira chantadina do Miño: Santiago de Arriba
Sae o señor feudal (o volante) acompañado dos seus gardiáns (maragatos ou peliqueiros). O traxe daquel volante foi evolucionando ó longo do tempo. Antigamente vestían de branco, desfilaban directamente coa muda interior e  vendaban as pernas. Sobre os ombreiros un pano colorido cruzado e  atado ás costas, cubrindo a cabeza un pañuelo non menos colorido, á cintura o correón con 24 campaíñas e na cara a carauta. 
Sobre a cabeza un pucho de grandes dimensións, recuberto de flores feitas a man, con follas de verzas e repolo que se deixaban secar para moldear en forma de rosa ou margarita. Na parte traseira e lateral do pucho colgan uns mollos de palla, ou cintas de papel pintado artesanalmente, rematando o conxunto cunha ou dúas bonecas.
 Danza dos Volantes
Na man un caxato, por veces ornamentado con fitas ou cintas  de cores e cinguidas á cintura sinxelas campaíñas do gando.

 

Volantes portando os "Puchos"  e os gaiteiros

Os volantes saen portando o pucho, desfilando  cos gaiteiros, brincan e xiran sobre si mesmos formando unha roda. Retíranse os volantes e saen  os mecos (calquera personaxe de moda), a representar o oficio.  
Os oficios, son pequenas representacións, sobre feitos acaecidos na parroquia ou temas de actualidade.
Os peliqueiros acompañan ós volantes, algúns visten pelicas  normalmente de cabra ou ovella e levan unha choca pendurada  á cintura . 

Os mecos
Fotos: Darredor