Mostrando entradas con la etiqueta Foxos de lobo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Foxos de lobo. Mostrar todas las entradas

Foxo do lobo de Camariñas

Foxo do lobo en converxencia 

Este tipo de trampas para cazar lobos defínense como foxos, porque a construción desenvólvese arredor dun buraco circular ou cuadrangular. Para a caza dos xabarís utlilizáronse construcións similares, pero co pozo cadrado .
Ó contrario que hoxe en día, o lobo foi un animal moi abundante noutros tempos, polo que anos atrás facíanse batidas de cotío. Acurralábase conducíndoo cara ó foxo onde caía e os afortunados cazadores matábanno a paus ou pedradas.
O Noroeste da Península Ibérica acolle gran cantidade de Foxos, tanto en España como en Portugal.
Segundo as súas características, clasifícanse en diferentes tipos, sendo esteun foxo en converxencia. Dous muros converxen no pozo fromando un triángulo. O Lobo é acurralado entre ambas,fuxindo de fronte ata caer no buraco.
Convén destacar o libro David Pérez López, recentemente publicado: “Os foxos do lobo. A caza do lobo na cultura popular”. Editorial Canela

Localización do foxo do lobo de Camariñas

Foto: Darredor

 
Foto: O Sherpa

Foto: Darredor

Foxo do lobo das Covateiras

Vimos de visitar o interesante Foxo do lobo das Covateiras no Concello de Bande. Este tipo de trampas para cazar lobos defínense como foxos, porque desenvólvese arredor dun buraco circular ou cuadrangular. Para a caza dos xabarís utililizanase construcións similares, pero co pozo cadrado .
Anos atrás facíanse batidas de lobos de cotío. Acurralábanse conducíndoos cara ó foxos, e ali os afortunados cazadores matábannos a paus ou pedradas.
No Noroeste da Península Ibérica atópanse gran cantidade de Foxos, tanto en España como en Portugal.
Segundo as súas características, clasifícanse en diferentes tipos, sendo este un interesante exemplo de Foxo en cruz. Dun punto medio, o pozo, parten catro paredes distribuídas de tal maneira que debuxan unha cruz. En Galicia unicamente aparecen catalogados 2 similares, o “Foxo do lobo da xente” en Vilariño de Conso, e este das Covateiras.
No ano 2009, iniciouse a primeira intervención, para abordar a súa restauración. Hoxe en día vemos parte dos muros levantados e o oco central totalmente recuperado. O arqueólogo David Pérez López participou activamente na intervención arqueolóxica deste Foxo, así como na súa rehabilitación. Convén destacar o seu libro: David Pérez López, “Os foxos do lobo. A caza do lobo na cultura popular”. Editorial Canela
 

 

Fotos: Darredor