Mostrando entradas con la etiqueta Patrimonio industrial. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Patrimonio industrial. Mostrar todas las entradas

Fabrica de papel de O Lousado

Patrimonio industrial galego en Piñor, Ourense.Galicia vivía no medio do espeldor industrial en coiros, papel, azucar, etc. Chegou a haber 27 núcleos papeleiros¡¡¡, e tres desas fábricas na provincia de Ourense a beira do Arenteiro.
Aquí estamos frente a Fábrica de papel de Piñor, fundada no 1840, chegou a ter a súa propia mini central eléctrica.

Faro do Cabo Vilán (Costa da Morte)

Visitamos o faro do Cabo de Vilán no Concello de Camariñas. Dende o ano 1854 esta parte da Costa da Morte, esta iluminada por un faro. O antigo foi cambiado no 1896 por outro de grandes dimensións e  cun maior radio de alcance da luz, foi un dos primeiros eléctricos de España.
O faro, está a 130 metros de altitude sobre o nivel do mar e unido por un túnel cuberto ao antigo edificio dos fareiros, onde conta con salas de exposición e alberga o Centro de interpretación dos naufraxios, faros e sinais marítimas da Costa da Morte. 
Un dos naufraxios máis coñecidos foi o do buque da armada británica HMMS Serpent no ano 1890, que acelerou a construción do faro que podemos ver na actualidade.
 
Antigo Faro do Cabo Vilán 
O faro primitivo é unha torre de cantería a 64 m  sobre o mar que luciu por primeira vez no ano 1854. 

 
 
Novo faro do Cabo Vilán
 
Foto: Darredor

Un dos naufraxios máis coñecidos foi o do buque da armada británica HMMS Serpent no ano 1890, que acelerou a construción do faro que podemos ver na actualidade. Aqueles mariñeiros ingleses descansan alí mesmo, onde o mar os devolveu, consagrouse un pequeno cemiterio na súa honra e a de todos os náufragos do mar, o"cemiterio dos ingleses" .  
 
O cemiterio dos ingleses
Foto: Darredor

Patrimonio industrial: Azucreira de Portas (Portas, Pontevedra)

Un dos símbolos máis visibles do concello de Portas, é unha edificación de comezos do s. XX construída por unha empresa alemá para a elaboración de azucre de remolacha. Describe un perfil inequívoco cuxo sinal de identidade mais salientable é a cheminea.
No ano 1898 España perdía as súas últimas colonias en Ultramar, entre elas Cuba e Porto Rico, que se encargaban de abastecer de azucre a todo o país, motivo polo que barallouse que a produción de azucre de remolacha podía ser unha grande oportunidade de negocio. En febreiro de 1899 constitúese a “Sociedade azucreira galega” na provincia da Coruña, promotora da devandita factoría en Portas.
A maquinaria tróuxose directamente dende Alemaña, construíndose para o seu transporte un ramal de ferrocarril que chegaba ata a propia fábrica. Iniciouse unha campaña propagandística para estender o cultivo da planta; gratificábase ós que se comprometesen a plantala e subministrábanselles as sementes e os abonos minerais necesarios; pero os labregos amosábanse receosos debido á crenza de que queimaba os terreos. A fábrica comezou a ter serias dificultades de subsistencia, non só polo desinterese dos labregos senón porque tamén se abriron tal cantidade de empresas por toda España que o mercado non daba abasto. No ano 1904 péchase definitivamente.
A día de hoxe é propiedade municipal e está sendo rehabilitada para diversas funcións. A cheminea estase preparando como miradoiro. Ó seu carón está o Parque da Azucreira onde teñen lugar diversos actos entre os que sobresae a Festa gastronómica do Galo de Curral.   

            
                      Foto: Darredor                     


Darredor."Guia esencial do Territorio dos vales do Ulla e Umia". Edita ADR Ulla-Umia
 Darredor."Paneis interpretativos do Territorio dos Vales do Ulla e Umia" Edita ADR Ulla-Umia

Patrimonio industrial, Concello de Pontecesures, Pontevedra

Observamos o Porto de Pontecesures e a área industrial ó seu carón. Poden verse os restos da antiga fábrica de cerámica “La Calera – Cerámica celta” (1923), atopándose na parte posterior da nave uns interesantes fornos.  
    

En 1939 aséntase unha fábrica de Leite condensada. Complementase o conxunto con a “Fábrica de celulosa” na outra beira do río, xa no concello de Padrón, provincia de A Coruña.

O Porto, cuxa construción iníciase en época romana, convértese na Idade Media no Porto de Iria Flavia.  No  s. XII, en tempos do Bispo Xelmírez, albergou o estaleiro da Armada de Castela. 
A partir do ano 1467, baixo o reinado de Enrique IV,   pasa a ser o único da Ría de Arousa con autorización para carga e descarga de sal. Posteriormente incluiríanse o tabaco, xofre e pólvora”, entre outros. No s.XIX era uns dos poucos portos galegos de exportación. 
Hoxe consérvanse en bo estado os antigos muros de contención e as ramplas de botado.
Alfolí de Rentas Estancadas
Paralelamente ó porto foise desenvolvendo unha estrutura urbana no Barrio do  Porto, que se caracteriza por as súas rúas estreitas e típicas vivendas mariñeiras.  No s. XVIII, o auxe económico, propiciou a construción, de man de Carlos IV, dun Almacén ou "Alfolí de Rentas Estancadas".
- Alfolí: almacén de sal
- Rendas estancadas: artigos cuxa venda reservase exclusivamente ó Estado.    Este edificio é un bo exemplo da arquitectura civil do Barroco. A súa construción foi froito da necesidade dun espazo onde almacenar certos produtos de valor, derivados da actividade comercial (sal, tabaco, pólvora ou xofre). Hoxe en día, tamén é coñecido como A Factoría. 
Na fachada principal destacan un escudo dos Borbóns e unha inscrición baixo a cornixa:  LOS ALMACENES DE LA RENTA DEL TABACO CONSTRUÍDOS EN EL AÑO DE MDCCXC REINANDO EL SEÑOR DN CARLOS IV 
        
 O Coche de pedra
No ano 1985 inaugúrase o monumento conmemorativo “O Coche de Pedra”. Manuel Castelo presenta, unha réplica en granito, daquel que fora exposto na 1ª e 2ª Feira do Automóbil de Ocasión.  
Este representa o primeiro coche a gasolina que circulou por Galicia, un Renault Freder.
Da man de xente do lugar e representados por Eugenio Escudero Lastra e Salvador Sierra Trasande, Pontecesures foi a primeira localidade española en albergar unha feira de automóbiles de ocasión no ano 1925, tomando como exemplo a de Leipzig (Alemaña), unha das máis importantes da época a nivel mundial. 
Todas as celebradas ata a data en España viñan sendo simplemente mostras de vehículos novos. A raíz do éxito, organizáronse outras similares nos anos 1926, 1950 e 1954. 
Nas distintas edicións desenvolveronse actos paralelos como a Exposición de Industria e Artesanía, Xantar enxebre, etc. Nalgunha ocasión fíxose coincidir coa Festa da Lamprea. 
Ilustracións: María López Bedoya  (sobre deseños de Carlos Maside e Castelao)
 

Campaneiros de Badoucos, Arcos da condesa

Obradoiro artesanal de campás dende 1630
Os Campaneiros de Badoucos manteñen viva unha tradición que se remonta varios séculos atrás. Felipe Blanco Ocampo funda o “Taller Hermanos Ocampo” que se dedicaría á fundición de campás e metais finos. Hoxe en día chámanse “Sucesores de Hermanos Ocampo, Artesanos Campaneros S.L.”. No ano 1886, da man de Melchor Ocampo, trasládanse dende Ameal a Badoucos,.
O proceso de elaboración das campás segue sendo o mesmo dende os seus inicios, empregando como materias primas o barro, a leña e o bronce (só admiten unha aliaxe de cobre e estaño que vén de Cataluña). O máis complicado do proceso é a elaboración dos moldes. Trátase de tres moldes de barro superpostos dos que se eliminará a parte intermedia, facendo encaixar os outros dous entre os que se introduce o metal fundido. Os pesos das campás oscilan entre os 150 quilogramos e un par de toneladas. 
Molde: Os moldes entérranse baixo terra e fanse uns regueiros polos que circula o metal fundido, que se introduce dentro do molde por un orificio que queda aberto.
     
                                                                                                          Forno
 
Ilustracións: María López Bedoya / Realiza Darredor

Documental de Xesus Mendez 1981
  http://www.cmg.xunta.es/visor/dspace.asp?TIPO=VIDEO&COD=641


Enlace: "Paneis interpretativos do Territorio dos Vales Ulla e Umia

Secadoioros do congro

Nos secadoiros de congro 
abanean pelellos de vento.
Osol lambe as feridas do solpor.
O sol crava os ollos con noxo
no coágulo da súa sombra granate.
                                                                   Manuel Rivas


Secando o vento
Documental de Ricardo Llovo
http://flocos.tv/curta/secando-ao-vento-do-mar/


Estructura de Cabría (Muxía): reconstrución para o IX Encontro Embarcacións Tradicionais  en  Muros
   Foto: Darredor

                                    Na Semana Santa en Muxía celébrase a "Festa do congro"