Mostrando entradas con la etiqueta curtas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curtas. Mostrar todas las entradas

A viaxe por Galicia da fotografa Ruth Matilda Anderson

Hai poucos días presentábase na web  o filme documental "A viaxe de Ruth", dirixido por Xaime Pardo e Xosé Reigosa.
Este filme relata a viaxe que fixo a fotógrafa americana Ruth Matilda Anderson xunto co seu pai Alfred, por encargo da Hispanic Society of America, pola Galiza dos anos vinte.
Ruth viaxou dúas veces a Galicia, no ano 1924 desembarcaba por primeira vez no porto de Vigo, onde chegou acompañada do pai, tamén fotógrafo. A segunda visita foi no ano 1926.

 
A idea inicial era documentar a forma de vida na Galiza e os seus vencellos coa terra e o mar, as tradicións, usos e costumes (romarías, feiras, fotos de familia, paisaxes, monumentos etc.).
Un dos aspectos mais salientables deste traballo é a colección de fotos que fai das mulleres e os seus oficios, así como o das redeiras, pescadoras.
Vemos entrevistas feitas a varios descendentes dos protagonistas das imaxes que tomou daquela. Alén de algunhas imaxes actuais dos lugares que fotografou na época.
  • Gallegan Provinces of Spain: Pontevedra and La Coruña. New York, The Hispanic Society of America (1939)



"O carro e o home"

Observamos os traballos do campo a traves dun carro de labor. Contanos a historia dun carro, dende o seu nacemento, cando era un simple tronco ata que remata a súa vida útil adornando a leira.
No ano 1941, finalizada a rodaxe. Xoaquín Lorenzo (Xocas) gardaría unha copia e no ano 1980 se montou en colaboración co Museo do Pobo por iniciativa do cineasta Eloy Lozano. Carlos Serrano de Osma sonorizaría outra copia pola súa conta no ano 1945. 



Dirección:  Antonio Román
Guión: Xoaquin Lorenzo e Antonio Román

"The Maker" and "Winter"

Narración inspirada pola música da composión "Winter" do músico australiano Paul Halley.

Ano 2010 , película de animación en stop-motion. 
Director: Christopher Kezelos  
Guión: Christopher Kezelos 
Productores: Christine Kezelos e Christopher Kezelos
Diseño de titeres: Amanda Louise Spayd
Proxectado en más de 60 festivais e 21 premios, entre eles en el Festival Internacional de Cine de Rhode Island , Festival de Cortometrajes de CFC Worldwide , Festival de Cine de Sydney y SICAF 2012.

"El vendedor de humo", Jaime Mestro

El Vendedor de Humo

 Curtametraxe de animación nominado aos Goya 2012. Dirixida por Jaime Mestro e producida por PrimerFrame , Escuela de Animacion.
Historia dun vendedor ambulante que ofrece facer realidade os sonos da xente, para atraerlos desplegara todo o seu inxenio.

Dez anos do Prestige: Documental "Marea blanca" de ISabel Coixet

Isto pasou un 13 de Novembro de 2002. Hoxe, 16 de Outubro de 2012, comeza o xuizo do Prestige, dez anos despois....... "Marea blanca" é un documental realizado por Isabel Coixet coa colaboración de varios dos que foron voluntarios na limpeza da "Marea negra" producida polo chapapote tras o afundimento do petroleiro "Prestige".  Ademais, conta con Antón Reixa quen presenta o seu poema "Mar de mans".

"Canto de Permanencia", Uxío Novoneyra

Fermosa descripción do Courel, feita por Uxio Novoneyra a traves dos seus poemas: entre ostros hai unha selección de poemas dos libros: Os Eidos, Do Courel a Compostela, Poemas caligráficos, Poemas de duda e de certeza....
"...sin ver o que estou ollando..."
"....caen as follas sinto unha cousa que se apousa en min e non me toca...."
"...na tarde todo quere ser o aire...."
"...caen as follas dando voltas e fican o pé do arbore..."
"...silencio baixiño que lle vai saindo en frebas..."
Uxío Novoneyra



Dirixido por Carlos Seijo
Procucción:Asociación Socio-Pedagóxica Galega(ASPG)e Pixel Films

One day in Japan

Fermosa visións sobre Xapón
Autumn

By Samuel Cockedey
Fotografo e video artista francés, residente en Xapón dende o ano 2000

Camposanto



Genero: Documental
Director: Pablo Portero
Guionista: Pablo Portero
Music: 6 pm
Dir Photo: Pablo Portero
Editor: Fernando Lema
Produce: Gonzalo Suárez 

Os curros

Algúns din da súa orixe alá polo s. VI a.C. coa chegada dos celtas ó noroeste peninsular. Esta práctica consiste en deixar ceibes os cabalos para que pasten nos montes ata que, nun momento determinado do ano reúnense para seleccionar as cabezas para: animais de tiro, produción de carne, ou simplemente determinar a propiedade co marcado.Os curros son as instalacións nas que se meten os cabalos para manexalos.
A Rapa das Bestas celébrase no mes de xullo. Os cabalos proceden fundamentalmente dos montes circundantes.Dura dúas ou tres xornadas, tempo no que se suceden diversas as tarefas moi espectaculares para o visitante: entrada dos cabalos no curro, separación dos poldros, rapa e marcaxe, e finalmente ceibado das greas ó monte.
O proceso de agarre dos cabalos dentro do curro é un dos momentos máis agardados, pola loita corpo a corpo que se establece entre os apeitadores e as bestas.

Documental: Cabalos de monte ou a rapa das bestas

Premio de "Información y Turismo" ao mellor documental no "II Certamen Internacional de Cine Aficcionado de Cuenca", de 1974

2° premio no VII Festival Internacional de Lugo


Director: Salvador Ríos