Hai poucos días presentábase na web o filme documental "A viaxe de Ruth", dirixido por Xaime Pardo e Xosé Reigosa.
Este filme relata a viaxe que fixo a fotógrafa americana Ruth Matilda Anderson xunto co seu pai Alfred, por encargo da Hispanic Society of America, pola Galiza dos anos vinte.
Ruth viaxou dúas veces a Galicia, no ano 1924 desembarcaba por primeira vez no porto de Vigo, onde chegou acompañada do pai, tamén fotógrafo. A segunda visita foi no ano 1926.

A idea inicial era documentar a forma de vida na Galiza e os seus vencellos coa terra e o mar, as tradicións, usos e costumes (romarías, feiras, fotos de familia,
paisaxes, monumentos etc.).
Un dos aspectos mais salientables deste traballo é a colección de fotos que fai das mulleres e os seus oficios, así como o das redeiras, pescadoras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario