Algúns din da súa orixe alá polo s. VI a.C. coa chegada dos celtas ó noroeste peninsular. Esta práctica consiste en deixar ceibes os cabalos para que pasten nos montes ata que, nun momento determinado do ano reúnense para seleccionar as cabezas para: animais de tiro, produción de carne, ou simplemente determinar a propiedade co marcado.Os curros son as instalacións nas que se meten os cabalos para manexalos.
A Rapa das Bestas celébrase no mes de xullo. Os cabalos proceden fundamentalmente dos montes circundantes.Dura dúas ou tres xornadas, tempo no que se suceden diversas as tarefas moi espectaculares para o visitante: entrada dos cabalos no curro, separación dos poldros, rapa e marcaxe, e finalmente ceibado das greas ó monte.
O proceso de agarre dos cabalos dentro do curro é un dos momentos máis agardados, pola loita corpo a corpo que se establece entre os apeitadores e as bestas.
Documental: Cabalos de monte ou a rapa das bestas
Premio de "Información y Turismo" ao mellor documental no "II Certamen Internacional de Cine Aficcionado de Cuenca", de 1974
2° premio no VII Festival Internacional de Lugo
Director: Salvador Ríos
No hay comentarios:
Publicar un comentario