Foxo do lobo das Covateiras

Vimos de visitar o interesante Foxo do lobo das Covateiras no Concello de Bande. Este tipo de trampas para cazar lobos defínense como foxos, porque desenvólvese arredor dun buraco circular ou cuadrangular. Para a caza dos xabarís utililizanase construcións similares, pero co pozo cadrado .
Anos atrás facíanse batidas de lobos de cotío. Acurralábanse conducíndoos cara ó foxos, e ali os afortunados cazadores matábannos a paus ou pedradas.
No Noroeste da Península Ibérica atópanse gran cantidade de Foxos, tanto en España como en Portugal.
Segundo as súas características, clasifícanse en diferentes tipos, sendo este un interesante exemplo de Foxo en cruz. Dun punto medio, o pozo, parten catro paredes distribuídas de tal maneira que debuxan unha cruz. En Galicia unicamente aparecen catalogados 2 similares, o “Foxo do lobo da xente” en Vilariño de Conso, e este das Covateiras.
No ano 2009, iniciouse a primeira intervención, para abordar a súa restauración. Hoxe en día vemos parte dos muros levantados e o oco central totalmente recuperado. O arqueólogo David Pérez López participou activamente na intervención arqueolóxica deste Foxo, así como na súa rehabilitación. Convén destacar o seu libro: David Pérez López, “Os foxos do lobo. A caza do lobo na cultura popular”. Editorial Canela
 

 

Fotos: Darredor

No hay comentarios: