14 abril, aniversario da proclamación da 2ª República española


Hoxe, celébrase o aniversario da proclamación da Segunda República española do ano 1931. A Primeira República, se desenvolveu entre 1873 - 1874. A Segunda abrangue o período entre o 14 de abril de 1931 ata abril de 1939, final da Guerra Civil Española, que deu paso á ditadura do Xeneral Franco.
Unha alta procentaxe da poboación da dos anos trinta ocupábase na agricultura, mentres que o resto se repartía a partes iguais entre a industria e o sector servizos. A nivel político o Partido Socialista Obreiro Español era un dos maioritarios, outros como o Partido Comunista de España (PCE) tiñan unha presenza nominal e non cobraron forza ata o comezo da Guerra Civil. En canto os sindicatos, a Confederación Nacional do Traballo (CNT) era a que contaba un maior número afiliados, seguida da UGT.
Tras a dimisión do xeneral Miguel Primo de Rivera en xaneiro de1930, Alfonso XIII pretende rexenerar o réxime. Foi nomeado xefe nominal do goberno Juan Bautista Aznar, dirixido polo Conde de Romanones, conselleiro do rei. 
O do 12 de abril de 1931, celébranse  eleccións municipais, que supoñen á Coroa unha ampla derrota. En Madrid, os concelleiros republicanos triplicaban os monárquicos, e en Barcelona cuadriplicábanos.O almirante Aznar presentou a súa dimisión. Os ministros Bugallal e La Cierva fan  uso do exército para disuadir calquer pretensión dos republicanos.
A noite do 14 de abril de 1931, sen abdicar formalmente, o monarca marchou ó exilio, a París, fixando posteriormente a súa residencia en Roma. En xaneiro de 1941 abdicou en favor do seu fillo, Juan. 
O 16 de abril de 1931, fíxose público o seguinte manifesto, redactado en nome do rei polo duque de Maura:

"Las elecciones celebradas el domingo me revelan claramente que no tengo hoy el amor de mi pueblo. Mi conciencia me dice que ese desvío no será definitivo, porque procuré siempre servir a España, puesto el único afán en el interés público hasta en las más críticas coyunturas. Un Rey puede equivocarse, y sin duda erré yo alguna vez; pero sé bien que nuestra patria se mostró en todo tiempo generosa ante las culpas sin malicia.
Soy el rey de todos los españoles, y también un español. Hallaría medios sobrados para mantener mis regias prerrogativas, en eficaz forcejeo con quienes las combaten. Pero, resueltamente, quiero apartarme de cuanto sea lanzar a un compatriota contra otro en fratricida guerra civil. No renuncio a ninguno de mis derechos, porque más que míos son depósito acumulado por la Historia, de cuya custodia ha de pedirme un día cuenta rigurosa.
Espero a conocer la auténtica y adecuada expresión de la conciencia colectiva, y mientras habla la nación suspendo deliberadamente el ejercicio del Poder Real y me aparto de España, reconociéndola así como única señora de sus destinos."

Inmediatamente formouse un Goberno Provisional presidido por Niceto Alcalá-Zamora dende o 14 de abril ata o 14 de outubro de 1931, data en que presentou a súa dimisión, sendo substituído por Manuel Azaña. 
Tras as eleccións ás Cortes Constituíntes republicanas, o 10 de decembro de 1931 foi elixido Presidente da II República Niceto Alcalá-Zamora, ata o 7 de abril de 1936, cando o novo goberno da Fronte Popular pediu a súa dimisión, volvendo substituilo Manuel Azaña.
A primeira Constitución democrática da historia española foi  aprobada en Decembro do 1931. Case un terzo dos artigos da "Constitución", adicanse a protexer os dereitos e liberdades individuais e sociais: ampliouse o dereito de sufraxio activo e pasivo aos cidadáns de ambos os dous sexos; o poder de facer as leis ó pobo, a través das Cortes ou Congreso dos Deputados e, sobre todo, se estableceu que o Xefe do Estado sería elixido por un colexio composto por Deputados e compromisarios, os que á súa vez eran nomeados en eleccións xerais.

- Reformas laborais
- Reforma educativa: construción de escolas e contratación de mestres, ensino mixto, a Relixión deixou de ser materia obrigatoria
- Reforma militar
- Reforma agraria

O xeneral Sanjurjo intentou un golpe de estado militar en Sevilla agosto de 1932. Malia o fracaso de Sanjurjo, o goberno republicano daba mostras de claro desgaste. Nese contexto, producíronse os graves incidentes de Casas Vellas. O goberno convoca novas eleccións en novembro de 1933. A dereita reorganizáse, presentádose aos comicios tres novos grupos:

- A Confederación Española de Dereitas Autónomas (CEDA), dirixida por Gil Robles, grupo maioritario auspiciado pola Igrexa Católica.
- Renovación Española, dirixida por Calvo Sotelo, na que se agruparon os monárquicos. 
- Falanxe Española: dirixida por Jose Antonio Primo de Rivera
 
A esquerda presentouse fragmentada en múltiples grupos e os anarquistas chamaron á abstención.
Vitoria dos grupos conservadores, en primeiro lugar o Partido Republicano  Radical e CEDA.
O intento fallido de golpe de Estado, por parte do exército no 1936,  contra o Goberno da república , desembocou na Guerra Civil. Trala derrota establécese o réxime franquista, en vigor ata o ano 1975.

No hay comentarios: