Maus, Art Spiegelman
Todo un clásico da banda deseñada, que non hai que perderse. Art Spiegelman transcribe e debuxa os recordos do seu pai Vladek, un xudeu polaco na Segunda Guerra Mundial, a historia dun sobrevivente de Auschwitz. A trama desenvolvese entre os Estados Unidos, pais de acollida da familia e Europa. O autor, recorre constantemente o recurso dos flashbacks.
Esta novela gráfica, representa os protagonistas como ratos e gatos. A epopeia dos ratos frente ós gatos, xunto co resto personaxes, tamén presentadas animais, porcos(os polacos), cervos, etc. Buscou
reproducir a “deshumanización”, a propaganda nazi retrataba ós xudeos como
roedores.
Denota un gran traballo de investigación e documentación, destaca a precisión dos escenarios, os guetos, campos de concentración, barrios, etc.
A implicación persoal do autor co protagonista aparece claramente explícita, o narrador non oculta os seus sentimentos, entrelaza a presente relación co seu pai con aquel pasado, os superviventes dun pasado que son as vítimas do presente.
Publicado entre 1980-1991 na revista de Banda deseñada RAW, que Spiegelman e Françoise Mouly fundaran, foi rechazo por varias editoriais. Finalmente, Pantheon editou o primero tomo, tivo un gran éxito. No 1991 se publicou o segundo. A primeira parte de Maus foi editada en España en 1989, en decembro de 2001 publicouse a obra completa nun único volume.

Entre outros premios, no ano 1992 otorgaronlle o premio Pulitzer, a primeria vez que unha obra de Banda deseñada recibía tal galardón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario