Visitamos o faro do Cabo de Vilán no Concello de Camariñas. Dende o ano 1854 esta parte da Costa da Morte, esta iluminada por un faro. O antigo foi cambiado no 1896 por outro de grandes dimensións e cun maior radio de alcance da luz, foi un dos primeiros eléctricos de España.
O faro, está a 130 metros de
altitude sobre o nivel do mar e unido por un túnel cuberto ao antigo
edificio dos fareiros, onde conta con salas de
exposición e alberga o Centro de interpretación dos naufraxios, faros e sinais marítimas da Costa da Morte.
Un dos naufraxios máis coñecidos foi o do buque da armada británica HMMS Serpent no ano 1890, que acelerou a construción do faro que podemos ver na actualidade.
Antigo Faro do Cabo Vilán
O faro primitivo é unha torre de cantería a 64 m sobre o mar que luciu por primeira vez no ano 1854.
Novo faro do Cabo Vilán
Foto: Darredor
Un dos naufraxios máis coñecidos foi o do buque da armada británica HMMS Serpent no ano 1890, que acelerou a construción do faro que podemos ver na actualidade. Aqueles mariñeiros ingleses descansan alí mesmo, onde o mar os devolveu, consagrouse un pequeno cemiterio na súa honra e a de todos os náufragos do mar, o"cemiterio dos ingleses" .
O cemiterio dos ingleses
2 comentarios:
Vai unhas semanas pasei polos faros de Lariño, Cee, os pequerrechos do Pindo que tamén teñen o seu encantamento. O de Vilán queda na quenda para visitar futuramente. Longa vida ós Faros.
lighthouses at the end of the world...
Publicar un comentario