Castro Candaz (II)

O encoro de Belesar, actualmente está a un 4,7% da súa capacidade. Debido ás obras de reforma da presa  procedeuse ó seu do baleirado, grazas ó cal podemos gozar da vista de todo aquilo que foi asolagado no ano 1963. Aqueles socalcos, no seu tempo cheos de vide; casas, igrexas, muíños, “Castro Candaz"(I), do que só se vía o curuto.
A terra está escachada, as árbores núas, máis ben parece unha paisaxe queimada, no pouco tempo que leva a flote o sol fixo ben o seu traballo, está todo realmente seco. É incrible ver o bo estado de conservación de todo, parece como se a auga realmente estivese protexendo todos estes restos. Outras construcións que están ó aire están en bastante peores condicións. Qué pasara agora co cambio de temperatura?... Hai unha certa sensación de equilibrio inestable.
Os pescadores aproveitan para coller boas troitas, e algunha anguía. Paséanse polos socalcos, aproxímanse á beira da auga. Un troiteiro gábase de que o outro colleu unha troita de 6 kilos.
Acordeime da película dos “Crebinsky”, do percorrido de volta dos dous irmáns ás súas orixes, a chegada a aquel pobo asolagado, que lle devolve recordos intactos.





 


Fotos: Darredor / O Sherpa

No hay comentarios: