Mosteiro de San Salvador de Cis ou San Nicolas de Cis

O mosteiro benedictino de San Salvador de Cis, fundado no século X, está no Concello de Oza dos Ríos, Comarca As Mariñas, concello que en xuño de 2013 se fusionou co de Cesuras, polo que pasou a ser o concello de Oza-Cesuras en A Coruña. 
Actualmente só se conserva a igrexa e está baixo a advocación de San Nicolao. O topónimo "Cis" provén do latín "cinis", que significa "cinza" ou "defunto", e podería estar relacionado cun lugar onde se realizase algún tipo de ritual precristiano, e máis tendo en conta a proximidade dun castro.
A igrexa do antigo mosteiro de Cis é do século XIV e construiuse para substituír o antigo templo mozárabe, do que só se conservan un capitel de mármore e un modillón. Trátase dun edificio de pranta basilical de tres naves con arcos oxivais e cabeceira formada por tres ábsidas.


Portada principal: O Salvador amosa as chagas en presenza de San Bieito e San Bernardo


Portada lateral: Adoración dos Reis Magos



Portada principal: O Salvador amosa as chagas en presenza de San Bieito e San Bernardo 
Fotos: Darredor & O Sherpa

2 comentarios:

mundorero dijo...

Interesante. Un bonito lugar con una curiosa toponimia. Los nombres perduran a través del tiempo y las diferentes civilizaciones. Merece la pena buscar su origen.

Darredor Da dijo...

Si q ten un curioso nome,habera q investigar¡¡¡¡