O Concello de Arzúa, na provincia de A Coruña, garda agochados pequenos e fermosos recunchos. Os que aparecen aquí indicados están nas inmediacións da estrada entre Arzúa e Vila de Cruces, que pasa polo encoro de Portodemouros.
A "Fonte Santa", a súa capela e un muíño están xusto antes de entrar en Brandeso, tomando a antiga estrada que deixou medio abandonada a nova ponte da estrada. A fonte ten un caudal moi feble e caracterízase polas súas augas sulfurosas que teñen propiedades curativas para afeccións de pel. A fonte deita as súas augas no rego Carracedo, do que aproveitaba as súas augas o muíño que está na outra marxe.
Uns poucos quilómetros máis adiante, perto do impresionante muro do encoro de Portodemouros está a aldea das Hortas, onde as augas do regato de Saímes salvan un desnivel duns 30 metros formando unha fermosa fervenza. Atopámonos no límite entre os concellos de Arzúa e Touro. Uns metros máis abaixo da fervenza principal sitúase un muíño en bo estado de conservación.
Capela da Fonte Santa (Brandeso)
Augas sulfurosas da Fonte Santa
Solpor nas inmediacións da Fonte Santa
Fervenza das Hortas no regato de Saímes
Fotos: Darredor & O Sherpa
1 comentario:
Fermosa a fervenza, e o escarabello verde tamén !!! Galiza ao natural.
Publicar un comentario