Dolomiti di Auronzo e Misurina: Ruta circular arredor das Tre Cime di Lavaredo e Via Ferrata delle Scalette (Torre Toblin)

Unha das zonas máis fermosas e coñecidas de Dolomitas é a que corresponde cos 3 cumios de Lavaredo (Tre Cime di Lavaredo, en italiano; e Drei Zinnen, en alemán). Están dentro do Parco Naturale Tre Cime e limita coa Provincia Autónoma de Bolzano - Alto Adige e coa Provincia de Belluno (Véneto). Os tres cumios teñen alturas de 2999m (Cumio Grande), 2973m (Cumio Oeste) e 2857m (Cumio Pequeno).
Ata 1919 os cumios formaban a fronteira entre Austria e Italia, pero agora están totalmente dentro de Italia.
O acceso ao Rifugio Auronzo é a través de Misurina, seguindo unha estrada privada e de pago (22 euros). Sen embargo, merece a pena pagar este peaxe. As "dolomías" das Tre Cime non decepcionan.
Na ruta circular arredor das 3 Cime di Lavaredo, saíndo do Rifugio Auronzo pásase polo Rifugio Lavaredo e, logo de atravesar a Forcella Lavaredo, chégase ao Rifugio Locatelli, na parte norte das 3 Cime.
Desde o Rifugio Locatelli pódese facer a Vía Ferrata delle Scalette, que permite ascender a Torre Toblin (2617m). Durante a 1ª Guerra Mundial, o cumio deste pico era un punto de observación austríaca pero só se podía acceder a el pola noite xa que polo día estaban espostos ao fogo das posicións defensivas italianas. Os austríacos puxeron moitas escaleiras para facilitar o acceso ao cumio, de aí o nome de Via Ferrata delle Scalette (Vía Ferrata das Escadas). As escadas de madeira orixinais foron substituídas por outras metálicas; sen embargo, aínda poden verse algunhas durante a ascensión. Esta vía ferrata é asequible, pero xa presenta unha certa dificultade e é preciso ter bo control sobre a vertixe.

 Rifugio Auronzo

Forcella Lavaredo

Rifugio Locatelli e Torre Toblin (2617m)

Valon de Lavaredo

Rifugio Locatelli desde Forcella Lavaredo
  
Rifugio Locatelli e Torre Toblin
 
Rifugio Locatelli - O descanso do montañeiro
 
Laghi dei Piani, a carón do Rifugio Locatelli

Indicación da Vía Ferrata delle Scalette (Torre Toblin)

Torre Toblin (2617m)

Vía Ferrata delle Scalette - Torre Toblin (2617m)




Vía Ferrata delle Scalette - Torre Toblin (2617m)
Vistas cara Croda Rossa di Sesto e Monte Popera

Vía Ferrata delle Scalette - Torre Toblin (2617m)
Vistas cara a Crodon di San Candido
   
Rifugio Locatelli - Monte Paterno (2744m)
 
Rifugio Locatelli - Tre Cime di Lavaredo (2999m)

Tre Cime di Lavaredo - contraluz
  
Tre Cime di Lavaredo - solpor
 Fotos: O Sherpa & Darredor

2 comentarios:

mundorero dijo...

Parece que el ordenador tiene vértigo... Se ha mareado!!!
Otra muestra de la imponente naturaleza que nos pone a escala en el sitio que nos corresponde.
Impresionantes imágenes, escaladores colgados del vacío. Bonitos contraluces. La montaña en toda su crudeza (estival)... Tenéis que volver en invierno.

mundorero dijo...

"The Eiger Sanction". Clint Eastwood