Adiantábannos en liña continua simple, porén si era dobre
non. Estradas rectas, tentación constante.
Encamiñados cara o Nordeste de Italia, rozando Austria, estamos chegando ós Alpes Orientais
italianos onde se alza maxestosa a Serra dos Dolomitas, ocupando parte das
rexións do Véneto, Trentino, e Alto Adigio (tamén chamado Südtirol debido á influenza austríaca ata a 1ª Guerra Mundial). Na Provincia véneta de Belluno,
atópase Cortina d'Ampezzo, en pleno centro da Serra, vila coñecida
internacionalmente debido a que foi sede das Olimpíadas de inverno no 1956.
Parte do norte de Italia, pertencía ó Imperio Austrohúngaro antes da 1ª
Guerra Mundial. Motivo polo que diversas áreas estaban diferenciadas
administrativa, histórica e culturalmente. Así, o Trentino é de influenza
italiana, sendo Trento a súa capital; mentres que o Alto Adigio ou Sütirol, é de influenza Austríaca, sendo a capital
Bolzano (Bozen, en alemán).
Foto: O_Sherpa
Os Dolomitas caracterízanse polos seus enormes e verticais
macizos, que emerxen illados rodeados de amplos vales, bosques e prados.
Compostos na súa maioría pola rocha calcaria chamada "dolomía", en homenaxe ó
xeólogo Déodat de Dolomieu. Grandes torres, agullas, fendas e restos da
erosión acumulados formando os característicos “ghiaioni”.
Foto: O_Sherpa
Os Dolomitas foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano
2009. Algúns dos macizos principais son os de Sella (3.152 m), Brenta (3.173 m), Pale di San Martino (3.184 m), Civetta (3.218 m), Pelmo (3.168 m), Cristallo (3.216 m), Antelao (3.264 m), Sorapiss (3.205 m), Le Tofane
(3.244 m) e Marmolada (3.342 m) onde está o pico máis alto.
Foto: O_Sherpa
2 comentarios:
Que marabilla de fotos!!!!E impresionante ver esas cores e a luz.
Preciosas panorámicas del imponente macizo montañoso. Las luces cálidas hacen que destaquen aún más los picos. Las noches allí deben ser increíbles!!!
Publicar un comentario