Camiñando Dolomitas I , Italia

Adiantábannos en liña continua simple, porén si era dobre non. Estradas rectas, tentación constante. Encamiñados cara o Nordeste de Italia, rozando Austria, estamos chegando ós Alpes Orientais italianos onde se alza maxestosa a Serra dos Dolomitas, ocupando parte das rexións do Véneto, Trentino, e Alto Adigio (tamén chamado Südtirol debido á influenza austríaca ata a 1ª Guerra Mundial). Na Provincia véneta de Belluno, atópase Cortina d'Ampezzo, en pleno centro da Serra, vila coñecida internacionalmente debido a que foi sede das Olimpíadas de inverno no 1956.   

 Vista panorámica das "Tre Cime di Lavaredo"
 Foto: O_Sherpa 

Parte do norte de Italia, pertencía ó Imperio Austrohúngaro antes da 1ª Guerra Mundial. Motivo polo que diversas áreas estaban diferenciadas administrativa, histórica e culturalmente. Así, o Trentino é de influenza italiana, sendo Trento a súa capital; mentres que o Alto Adigio ou Sütirol, é de influenza Austríaca, sendo a capital Bolzano (Bozen, en alemán).

Vista panorámica dende o inicio da vía ferrata á Torre Toblin 
  Foto: O_Sherpa 

Os Dolomitas caracterízanse polos seus enormes e verticais macizos, que emerxen illados rodeados de amplos vales, bosques e prados. Compostos na súa maioría pola rocha calcaria chamada "dolomía", en homenaxe ó xeólogo Déodat de Dolomieu. Grandes torres, agullas, fendas e restos da erosión acumulados formando os característicos “ghiaioni”. 

Vista panorámica dende a vía ferrata do Pico Laguazoi 
  Foto: O_Sherpa 

Os Dolomitas foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 2009. Algúns dos macizos principais son os de Sella (3.152 m), Brenta (3.173 m), Pale di San Martino (3.184 m), Civetta (3.218 m), Pelmo (3.168 m), Cristallo (3.216 m), Antelao (3.264 m), Sorapiss (3.205 m), Le Tofane (3.244 m) e Marmolada (3.342 m) onde está o pico máis alto. 

 Vista panorámica das "Tre Cime di Lavaredo" ao solpor
  Foto: O_Sherpa 

2 comentarios:

Elena dijo...

Que marabilla de fotos!!!!E impresionante ver esas cores e a luz.

mundorero dijo...

Preciosas panorámicas del imponente macizo montañoso. Las luces cálidas hacen que destaquen aún más los picos. Las noches allí deben ser increíbles!!!