Declarado 33 Novos BIC en Galicia

A Consellaría de Cultura inclúe 33 xacementos megalíticos como BIC, no DOG do  08/04/2011  publicouse resolución da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.Contabilízanse 28 cámaras megalíticas e 5 pedras fitas ou menhires. O obxectivo é garantir a súa axeitada protección. 
Coruña: as cámaras megalíticas da Arca do Barbanza e da Casota do Páramo en Boiro; a Anta da Mina de Parxubeira en Mazaricos; a Cova da Moura ou Dolmen de Argalo en Noia; o Forno dos Mouros en Toques; a Casa dos Mouros ou Pedra da Arca entre Vimianzo e Dumbría; a Arca da Piosa ou Pedra da Arca entre Vimianzo e Zas; e a Anta de Serramo ou Pedra da Lebre, a Casota de Berdoias, a Pedra Cuberta e a Pedra da Moura no Concello de Vimianzo. O Menhir de Cristal ou Bretal en Ribeira.   
Lugo: como cámaras megalíticas os xacementos da Medorra número 1 de Acebedo en Outeiro de Rei e a Roza das Modias en Vilalba; así como o Menhir do Alto da Goia de Guntín e a Pedra de Chantada de Vilalba como pedras fitas.  
Ourense: a Mámoa número 1 da Serra das Motas de Lobeira e a Mota Grande número 1 de Verea como cámaras megalíticas; e a Pedra Alta de Cortegada ou Pedra Grande de Antela nos Concellos de Sarreaus, Vilas de Barrio e Xunqueira de Ambía como menhires ou pedras fitas. 
Pontevedra:  inclúense as cámaras megalíticas de As Namelas 2 e 3; a Chaira do Medio e a Mámoa dos Muíños en Agolada; a Mámoa da Cruz en Lalín, o Chan de Castiñeiras 2 ou Mámoa de Pedralonga en Marín; a Casiña da Moura en Meis; o Chan de Arquiña en Moaña; a Anta do Meixueiro ou Meixoeiro en Mos; o Coto dos Mouros en Rodeiro; a Mámoa do Rei ou Chan de Castiñeiras 1 en Vilaboa; e a Anta 1 Chan dos Touciños, a Casa dos Mouros e a Mámoa do Monte Vixiador en Vigo, a Lapa de Gargantas no Concello de Moraña. 
Lapa de Gargantáns
 
                        Foto: Darredor   

1 comentario:

mundorero dijo...

¡Lémbrome do menhir e das excursións con vos polos montes na procura de pedras milenarias!