Cores de inverno (2): Serra do Courel, Castelo de Carbedo

Varios paneis á saída do cámping de Esperante describen rutas. Unha delas lévanos o Castelo de Carbedo, construción de pasado incerto, merecería facer unha pequena recompilación de bibliografía para darlle unha explicación certa o seu orixe. Deixarémolo para a próxima ocasión.
Foto: Darredor

Bonito pobo Esperante, como todos os desta serra acompañado dun bonito souto, que nos recibe. Castiñeiros locen baixos e grosos, tronco macizo ou oco, convértense en cabanas.
Os castiñeiros son robustos, case tan anchos coma altos, hai quen pensa que son así ó natural. A intervención humana xoga un importante papel no seu desenvolvemento, foron podados para o aproveitamento da castaña, froito de primeira necesidade antes da chegada da pataca dende América. Quizais doutro xeito serían tan altos como aqueles da Fraga de Catasós en Lalín (Pontevedra), esveltos carballos de mais de 30m de altura e non menos de 5 de diámetro.

 Foto: O Sherpa

1 comentario:

mundorero dijo...

O inverno é unha época preciosa para percorrer o monte. Gústame moito o título "cores de inverno". É agora cando o branco do xeo e a neve cubre as cores do outono e a vida espera agachada a que o sol quente outra vez.