A Via Ferrata Bepi Zac está situada no Val di Fassa e é accesible desde o Passo di San Pellegrino. Esta Via Ferrata segue no seu percorrido unha das máis famosas liñas defensivas austríacas da 1ª Guerra Mundial, onde morreron moitos italianos que trataban de pasar o Val di Fassa. Hai moitos restos de fortificacións e trincheiras.
Esta Via Ferrata está dividida en dúas partes, delimitadas pola Forcella di Ciadin (2664m), onde se pode descender de novo cara ao Passo di San Pellegrino. A primeira parte é a máis asequible e pasa pola Cima di Campagnaccia (2737m), a Cima di Costabella (2762m) e o Sasso di Costabella (2715m) antes de desembocar na Forcella di Ciadin (2664m). Aquí é onde están os restos das posicións defensivas e das trincheiras; é un museo a ceo aberto.
A segunda parte é máis delicada e con terreo máis alpino. Saíndo da Forcella di Ciadin, pasa polo Om Gran (2805m) e baixa á Forcella d'Uomo, bordea a Cima d'Uomo (3010m, ao que se pode subir). Logo accédese á Forcella Laghet (2765m) e báixase cara ao Rifugio Fuciade, desde onde se accede por camiño forestal ata o Passo San Pellegrino.
Via Ferrata Bepi Zac - Rifugio Passo delle Selle (2528m)
Sasso Lungo (3181m)
Gruppo del Sella e Piz Boé (3152m)
Via Ferrata Bepi Zac - Restos de trincheiras
Travesía despois da Cima di Costabela (2762m)
Trincheiras e Sasso Lungo
Gruppo del Sella e Piz Boé (3152m)
Trincheiras e Marmolada
Sasso Lungo e Grupo del Sella
Posicións defensivas en El Ciastel de Costabela
Via Ferrata Bepi Zac
Via Ferrata Bepi Zac - Marmolada
Desde a Forcella del Ciadin: Gruppo del Sella e Piz Boé (3152m)
Travesía preto da Cima dell'Uomo (3010m)
Baixada ao Rifugio Fuciade, ao fondo Pale di San Martino (3192m)
Quitaneves no Rifugio Fuciade
Pale di San Martino (3192m) desde o Rifugio Fuciade
Fotos: O Sherpa & Darredor
2 comentarios:
Camiñando pola lúa... Certo é que nese "rover" pódese chegar a calquera sitio... ou casi.
Si, seguro que é o que utilizaría Sissí emperatriz para moverse por estas zonas tan agrestes se os houbera na súa época!
Molan as cortinas, eh?
Publicar un comentario