Os Dolomitas repártense en varios grupos ó longo do Norte italiano. O macizo de Brenta exténdese uns 40 km de Norte-Sur, e preto de 12 km Este-Oeste. Todo o grupo de Brenta está incluído no Parque Natural de Adamello-Brenta.
Macizo de Brenta
Foto: Darredor
Os Dolomitas, declarados
Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 2009, caracterízanse polos enormes macizos que emerxen illados a modo de torres con fendas e agullas, restos da
erosión acumulados, os “ghiaioni”, e amplos vales, bosques e prados.
Materiais
Foto: Darredor
Os macizos principais son os de Sella (3.152 m), Brenta (3.173 m), Pale di San Martino (3.184 m), Civetta (3.218 m), Pelmo (3.168 m), Cristallo (3.216 m), Antelao (3.264 m), Sorapiss (3.205 m), Le Tofane (3.244 m) e Marmolada (3.342 m) onde está o pico máis alto.
Para acceder a Dolomiti di Brenta o máis fácil é facelo
desde Madonna di Campiglio. Se queremos experimentar a montaña, atopamos numerosos sendeiros marcados con bandas vermellas e brancas, que podemos percorrer entre o mes de xuño ata finais de setembro, xa que o resto do ano a zona está cuberta de neve, e dá para gozar do esquí. Existen tamén rutas para bicicleta.

Sen embargo, o máis característico dos Dolomitas son as Vías ferratas, que consisten en sendeiros que se equipaban para salvar pasos difíciles. A súa orixe remóntase á Primeira Guerra Mundial, nas que se equiparon con fins militares estas (literalmente) "rutas con ferros" para aprovisionar "niños de águia" e posicións avanzadas tanto por parte das tropas italianas como das austríacas. Estas vías ferratas están equipadas con cables, escadas, grapas, pontes colgantes, etc. Son percorridos polo xeral aéreos, non aptos para persoas con vértigo.
Via Ferrata Giuseppe e Natale Vidi

Flores alpinas
Edelweiss
Foto: Darredor
Amapola amarela alpina, Papaver rhaeticum
Foto: Darredor
Formigueiro
Foto: Darredor
2 comentarios:
Sempre me gustaron esas montañas. Camiñando Dolomitas!!!
Anda!!! La flor Edelweiss!!! Un lugar mágico!!!
Publicar un comentario