Visita ao Ribeiro da beira do río Avía

PROXECTO: INTERPRETACIÓN E DINAMIZACIÓN DO PATRIMONIO
"ALDEAS VITIVINÍCOLAS MEDIEVAIS DO RIBEIRO DO AVÍA"
Sociedade Desenvolvemento Comarcal - Conselleria do Medio Rural-Xunta de Galicia
Realización: DarredorIgrexa de Santo Tomé de Serantes
Foto: Darredor
Ponte sobre o Río Avia
Concello: Leiro, Parroquia: Santo Tomé de Serantes
Igrexa románica do 1170. Planta dunha soa nave e absida cadrada. No exterior destaca a súa rica decoración a base de canzorros, así como a súa portada encadrada por contrafortes e arco apuntado con dobre arquivolta. No tímpano represéntase “a cruz invicta” con elementos animais e vexetais.
Na parte superior da fachada ábrese un espléndido rosetón floral con seis pétalos e doce follas, acubillado por un par de arquivoltas. O quitachuvias destaca sobre todo polas súas figuras humanas en actitudes grotescas. Encastada unha torre cuadrangular probablemente de orixe románico, pero con distintos engadidos, rematada en espadana. No lateral dereito unha equena porta con arco en ferradura, arquivoltas decoradas e capiteis.
No interior da igrexa, podemos ver un interesante baldaquino gótico no muro da epístola, con Santiago e San Pedro na fronte e a representación da Anunciación.

Esta
Ponte é obra de finais do s.XV, situado no Concello de Leiro,
parroquia Santa María de San Clodio, Lugar A Ponte. Ten un amplo arco
central de 19m de luz, coroado por unha sinxela cruz, e outros dous arcos laterais mais pequenos de 10,75m e 13,50m. Na clave do arco central, mirando augas abaixo, ten un santiño que podería ser San Clodio e pola parte interior unha inscrición que fai referencia as reparacións que se fixeron no ano 1773.Durante séculos foi un punto esencial no transporte vinícola xa que por aquí pasaban dous camiños que levaban o viño da comarca a Pontevedra e Santiago.
Perto, cruzando a estrada, hai un cruceiro, do século XVIII e restaurado no 1885, que nos sinala o camiño a Barzamedelle.
Santa María de Gomariz
Concello de Beade de Economía agraria e monocultivo de viño. Casas grandes de cantería en granito, en ocasións aparecen incorporadas as casas grandes bolos graníticos, debido a abundancia deste material na zona.
Casa reitoral que foi priorado do mosteiro de San Martiño Pinario (Santiago). Destacan na planta terreña dúas grandes galerías que atravesan lonxitudinalmente o edificio e que constituían as adegas escavadas na rocha. Posúe cinco lagares coas súas pías dispostas en batería. Nunha dependencia anexa hai un forno para a cocción do pan. Museo Galego do Viño.
Perto, cruzando a estrada, hai un cruceiro, do século XVIII e restaurado no 1885, que nos sinala o camiño a Barzamedelle.
Santa María de Gomariz
Foto: Darredor
O Coto de Gomariz é un dos espazos vitivinícolas de máis tradición na comarca do Ribeiro. Localízase
ó nordeste do concello de Leiro, parroquia de Santa María de Gomariz, nun pequeno val da marxe esquerda do río Avia e flanqueado polos regatos de Fondós ó norte e de Candorcas ó sur.
ó nordeste do concello de Leiro, parroquia de Santa María de Gomariz, nun pequeno val da marxe esquerda do río Avia e flanqueado polos regatos de Fondós ó norte e de Candorcas ó sur.
A
singularidade deste espazo estriba fundamentalmente na excelente
orientación das súas ladeiras o que determinou o enorme potencial
vitivinícola. A paisaxe dominante son os grandes socalcos de vide que
seguen a aumentar gañando terreo a conta do espazo forestal. Os núcleos
de poboación tradicionais son en xeral pequenos e compactos e se sitúan a
media ladeira: Cabe destacar os Barro e O Pazo, e fronte a eles Cubilledo.
Destacan no contorno as adegas,
a miúdo construcións restauradas, rodeadas de amplas extensións de
cepas. Paga a pena achegarse á Vilerma na parte
alta do val.
Señorío de Beade
Foto: Darredor
Concello de Beade de Economía agraria e monocultivo de viño. Casas grandes de cantería en granito, en ocasións aparecen incorporadas as casas grandes bolos graníticos, debido a abundancia deste material na zona.
É
curiosa a grande cantidade de pazos que se contan no lugar de Santa
María de Beade, Pazo dos Lamigueiro, Pazo dos Oxea, etc. Isto nos
ilustra unha época florecente da economía do viño alá polos séculos XVII
– XVIII. Dende a igrexa parroquial hai moi boas vistas cara a aldea.
Santo André de Campo Redondo
Foto: Darredor
Reitoral de Santo André de Campo Redondo
Museo do viño
Foto: Darredor
Casa reitoral que foi priorado do mosteiro de San Martiño Pinario (Santiago). Destacan na planta terreña dúas grandes galerías que atravesan lonxitudinalmente o edificio e que constituían as adegas escavadas na rocha. Posúe cinco lagares coas súas pías dispostas en batería. Nunha dependencia anexa hai un forno para a cocción do pan. Museo Galego do Viño.
Pazos de Arenteiro
Fotos: Darredor
No hay comentarios:
Publicar un comentario