Os habitantes do Alén: Santos e Defuntos

Estamos paseando os Santos e Defuntos, no día 1 e 2 de Novembro. Lembrando que as festas, romerías e feiras, se repiten, gozamos da presenza dos Santos e fieis que remataron a súa vida terrea e agora habitan no alén.

Tu quem quer que es

"O Tu quem quer que es
repara como eu estou 
eu ja foi como tu es
e tu seras como eu sou"

Porta do cemiterio de Almeida (A Guarda, Portugal)
 Foto: Darredor

Os cemiterios locen de gala, flores en col dos nichos e cirios  alumeando Os reis crisantemos, os  príncipes caraveis e as rosas como duquesas e marquesas, a sua beira tamen as azucenas e margaridas.

 Foto: Darredor

No día sinalado como de "Santos", achegámonos a Monterroso (Lugo), visitamos a "Feira dos Santos de Monterroso", que celebra mais de 500 anos de existencia, declarada festa de interés turístico galego no ano 2011. Cacheiras, castañas, mel, noces, polbo a esgalla, queixos, xamóns, verduras, etc. Curioso encontro con Éric, un queixeiro francés que vende queixo de Cantal, traído de Auvernia (Francia), feito co leite das vacas salers. 
 Éric cortando queixo Parmesano
Foto: Darredor

Esquivando paraugas e con fame, marchamos cara Chantada, para xantar, fermoso casco vello. 
Para rematar a xornada visitamos o Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Miño, perto de Chantada no concello do Saviñao, Ribeira Sacra.

Igrexa de San Estevo de Ribas de Miño
 

Detalle portada: capiteis 
Fotos: Darredor 

A luz do solpor e a iluminación artificial alumean o conxunto, unha fermosa igrexa románica e escasos restos dun mosteiro. Sobor do muro, o campanario exento e as súas pequenas campás. Case non podemos apreciar a paisaxe, pero se houbese mais luz veríamos os socalcos cubertos pola vide, que locen as cores de outono, e a paisaxe evoluciona coas estacións. Menos mal que de camiño.

Socalcos de vide, San Estevo de Ribas de Miño
  Foto: Darredor

No hay comentarios: