Parque transfronterizo Xurés-Gerês
Foto feita paseando a “Ruta de Queguas”dentro do Parque natural. Camiñamos ó inicio da primavera, gozamos dun monte colorido de carqueixas, erica e algún lirio autóctono.
Seguindo o camiño dende a aldea de Queguas chegamos as antigas cortes da carballeira e Capela da Ascensión. Mais adiante un monumento megalítico e grandes bolos graníticos.
A Casa da Moura e a Pena de Anamán
Foto: Darredor
No Geres, pasando a Portugal, onde o Parque está catalogado como Nacional, vistamos as Lagoas de Marinho.
Lagoas de Marinho; Parque Nacional do Geres
Vídeo:Darredor
O programa "Labranza da TVG, falou un día daqueles que fixeron no parque a súa empresa.Na miña neveira, aínda queda un queixo de cabra de leite cru, dos que fai Antonio:Viñéronnos a recibir ó portal as cabras alpinas que cría, e varios dos cans que as protexen do lobo.Visitamos o seu pequeno museo e compramos queixos grandes e pequenos. (Video: dividido en duas partes)
"A Labranza" 14-02-2011. TVG
No hay comentarios:
Publicar un comentario