“Castro da Cibdá " de Borneiro


 Foto: Darredor

As veces cando vistamos un castro fáísenos difícil imaxinar como serían aquelas casas, o paso do tempo obrou sobre estas construcións, lóxico, por outra parte xa que segundo as análises de Carbono 14, este espazo datase a finais da Idade do Bronce, dise que estivo habitado dende o 520 a.C. ó 80 d.C. Vémolas truncadas, nin sequera cortadas pola metade, senón que tres ou catro fileiras elevadas sobre os cementos. Elevámolas, tellámolas e estamos dentro delas, sería posible, levantar ese resto que lle falta para rematalas, pero non tería sentido, a patina do tempo tamén forma parte da esencia destes restos. 
  
Ilustración: María López Bedoya

Si miramos mais ala debuxamos rúas e barrios, extrapolamos a estrutura das nosas actuais cidades a aquelas, é posible, topamos similitudes, será que as nosas son froito da evolución desas daquel tempo.
Está protexido por un foxo e dúas murallas, a que marca o perímetro do castro  e a da croa (parte superior central), excepto no lado leste onde a acentuada pendente do terreo actúa como defensa natural.
Destaca o gran tamaño das vivendas que son circulares e cuadrangulares  coas esquinas redondeadas.Hai 36 construcións á vista. Na croa sitúanse as construcións domésticas. Algunhas das construcións circulares agrúpanse formando os chamados barrios, individualizados do resto do poboado por uns pequenos muros. 
Foto: Darredor

Os habitantes dos castros sobrevivían basicamente da agricultura, gandería, pesca e, nalgúns casos nos próximos ó mar do marisqueo. Os restos materiais procedentes destes xacementos están relacionados con estas actividades, polo que soe haber moita cerámica empregada para o almacenamento do gran e para a súa preparación nas lareiras, restos de peixes, moluscos, etc. Neste xacemento atopáronse múltiples fragmentos de cerámica, útiles de ferro e bronce, muíños de pedra, fíbulas, moldes, contas de vidro e outros elementos, hoxe en día expostos no Museo Arqueolóxico da Coruña.


No hay comentarios: