No concello de Cerceda hai algo mais que a Central Térmica de Meirama, atopamos interesantes recursos histórico-artísticos, así como unha bonita paisaxe.
Destaca a Igrexa de Santo Román de Encrobas. Monumento Románico do século XII, reformada no 1720 e trasladada entre os anos 1995-1997 do seu emplazamento orixinal en Gontón a Pontoxos, por mor da mina de lignitos.
Da mesma maneira cabe destacar o cruceiro próximo a igrexa, que enmarca ó fondo a Central, perto do mesmo atopamos un monumento en homenaxe a aqueles que loitaron contra as expropiacións das terras de labor nos anos setenta.
O lignito extraido nesta zona é de bastante mala calidade e escaso poder calorífico. Hoxe en día a zona de extracción, está abandoada, a ceo aberto e está sendo rechea con auga.
O lignito extraido nesta zona é de bastante mala calidade e escaso poder calorífico. Hoxe en día a zona de extracción, está abandoada, a ceo aberto e está sendo rechea con auga.
Fotos: Darredor / O Sherpa
Encrobas-A ceo aberto
Encrobas-A ceo aberto
Dirección: Xosé Bocixa
No hay comentarios:
Publicar un comentario