O gran guerreiro, víxia do forte, acóllenos no Monte Pindo ou tamén chamado o Olimpo celta, e dinos que aínda, nos queda un anaco por andar, para alcanzar A Moa, o punto máis alto a 627m. Entre as rías de Corcubión, Muros e Noia, incrible miradoiro sobre a Costa da Morte, observamos Fisterra alá ó fondo.
O noso Olimpo, está no Municipio de Carnota, co pobo do Pindo ós seus pés e atravesado polo Río Xallas, o que desemboca en forma de fervenza directamente sobre o mar en Ézaro.
Unha fervenza que ata non fai moito tempo tiña un horario de apertura, xa que a central hidroeléctrica situada ó seu carón, abría e pechaba a billa somentes en determinadas horas, regalándonos a vista co fermosos espectáculo de por si natural. Hoxe en día pode verse a todas horas.
Foto: O Sherpa
Macizo granítico declarado Punto de interés xeolóxico nacional e L.I.C. (Lugar de Importancia Comunitaria). Faise a proposta de convertilo en Parque Natural, desgraciadamente rexeitada a finais do ano 2010.
Monte Pindo - O can deitado
Gran mole granítica, quizáis esculpida polos celtas, ou non, pode que simplemente por algo ou alguén máis real, os escultores que traballan baixo o nome de movementos tectónicos, ou do vento, ou a escultora auga, quizáis todos eles traballaron en conxunto. Construíron un castelo, pode ser, o de San Xurxo, deixaron un can gardando o lugar, aquel que máis ben, xace deitado, durmindo a sesta. Deixaron unha porta aberta acó camiño do acolá, do alén.
Máis alá do Alén - Entrada no Walhalla
Observamos a praia de Carnota ó fondo, estes cráteres que non son tal, senón marmitas, cheas de auga, herba ou musgo, escavan a rocha na superficie do Pico da Moa, hoxe cheas de auga quentada polo sol que nos visita estes primeiros días de primavera, formas circulares, perfiles suaves.
Praia de Carnota desde A moa no Monte Pindo
Foto: Darredor
Monte Pindo - Marmitas graníticas
Foto: Darredor
A ruta circular empeza ou remata en Ézaro, esteiro do Río Xallas, pecharon a billa, da fervenza cae un fío de auga. Porén pranta lume sobre a auga, coa axuda do solpor.
Ézaro - Lume na auga
Foto: Darredor
Fervenza de Ezaro
1 comentario:
Pedra, auga, lendas...
Publicar un comentario