As palabras da fotografía

Ano de 1987, Lois Pereiro acode a chamada do seu amigo o fotografo Vari Carames, ambos van participar nunha exposición, que nos dará a súa visión conxunta do cine. 
Un retrato, por Vari Carames, acompañara poema de Lois Pereiro. Unha versión deste poema aparecería publicada en 1992 no seu libro Poemas 1981 /1991.
Lois Pereiro será homenxeado no Día das letras galegas, o 17 de Maio de 2011.

Steve Dwoskin filma a Dyn-amo na sesión de strip-tease definitiva

A perfección era unha intuición fráxil
na que habitaba un virus definido
en cada movemento interpretado
polo discurso estético da pel,
soño excesivo, experto dramatismo
talco, carmín e bagoas
seducción subcutánea e virxinal
na atrocidade orixinal das vísceras
a xestual furia en tódolos seus nervos
na revelación súpeta e concreta
da sesión de striptease daquela noite

A vida como trama de dolor
nunha coreografía de lús e sombra
confusa agora a imaxe dos seus lavres
voando sobre Europa
descoberto o segredo da metáfora
os vértices da perfección máis pura
nunha única sombra imperceptíbel
de imperfección nun xesto
a fuxidía expresión da atrocidade
na eternidade dun só fotograma
a ideología da morte na epiderme
nos perfís da intuición definitiva

confusamente a imaxe dos seus lavres
voando sobre Europa
revelada de súpeto, en silencio
a perfección total dun movemento
deixa cair os ollos
os pezóns
e toda a pel que pode
esgazar do seu novo corpo
coa forza das súas mans
e da súa lucidez recuperada.
             Lois Pereiro

No hay comentarios: