Os Santos e Os Defuntos

Santos, 1 de Novembro, os Defuntos o día 2. Ambas as dúas datas cargadas de lembranzas, todos os Santos que non foron celebrados e fieis que remataron a súa vida terrea.Os cemiterios locen de gala, coas flores en col dos nichos.
A xente, prepara os centros floreados e alumea os cirios brancos e vermellos nos pateóns. Crisantemos ou pompóns, como gusta chamarlles moita xente, son os reis, os caraveis os  príncipes, e as rosas, azucenas e margaridas, as duquesas e marquesas.
No día sinalado como dos Santos, achegámonos ao mercado de Monterroso, que celebra os seus 500 anos de existencia, en ningún sitio se anunciaba o seu cumpreanos,  quizáis dáballe vergoña, xa van cinco séculos. Queixos, cacheiras, xamóns, máis queixos, máis chourizos, máis cacheiras, ....polbo a esgalla, ,...e máis queixo, poucas verduras, quizáis unha persoa acordouse de traelas, moito mel, castañas e noces, pero as confituras non as vin....Fixérame unha idea diferente; non deixa de ser coma moitos outros feiróns, pero máis grande. Que rico o queixo de Cantal, traído de Auvernia (Francia), feito co leite das vacas salers, un gran vendedor este queixeiro francés, chamado Éric. 

 Éric cortando queixo Parmesano
Foto: Darredor

Esquivando paraugas e con fame, marchamos xantar a Chantada, bonito casco vello, isto si que me sorprendeu, non tiña idea.
Para rematar a xornada fomos visitar o Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Miño, na Ribeira Sacra, concello do Saviñao, perto de Chantada, . Alí tamén hai cemiterio, pero moi pequeno, apenas tres ou catro tumbas, unha delas perdida entre as coroas e os ramos de flores, parece que alguén foise recentemente. 

Portada Igrexa de San Estevo de Ribas de Miño
Fotos: Darredor 

A luz do solpor e a iluminación artificial alumean o conxunto, unha fermosa igrexa románica e escasos restos dun mosteiro, o campanario exento e as súas pequenas campás, están aló atrás, sobor do muro,  Case non podemos apreciar a paisaxe, oscureceu moi rápido, pero se houbese luz veríamos os socalcos cubertos pola vide, que locen as cores de outono. Menos mal que de camiño, subindo pola serpenteante estrada, puidemos parar e coller unha imaxe entre o lusco e fusco. 

 Socalcos de vide, San Estevo de Ribas de Miño. Foto: Darredor

No hay comentarios: