Patrimonio industrial, Concello de Pontecesures, Pontevedra

Observamos o Porto de Pontecesures e a área industrial ó seu carón. Poden verse os restos da antiga fábrica de cerámica “La Calera – Cerámica celta” (1923), atopándose na parte posterior da nave uns interesantes fornos.  
    

En 1939 aséntase unha fábrica de Leite condensada. Complementase o conxunto con a “Fábrica de celulosa” na outra beira do río, xa no concello de Padrón, provincia de A Coruña.

O Porto, cuxa construción iníciase en época romana, convértese na Idade Media no Porto de Iria Flavia.  No  s. XII, en tempos do Bispo Xelmírez, albergou o estaleiro da Armada de Castela. 
A partir do ano 1467, baixo o reinado de Enrique IV,   pasa a ser o único da Ría de Arousa con autorización para carga e descarga de sal. Posteriormente incluiríanse o tabaco, xofre e pólvora”, entre outros. No s.XIX era uns dos poucos portos galegos de exportación. 
Hoxe consérvanse en bo estado os antigos muros de contención e as ramplas de botado.
Alfolí de Rentas Estancadas
Paralelamente ó porto foise desenvolvendo unha estrutura urbana no Barrio do  Porto, que se caracteriza por as súas rúas estreitas e típicas vivendas mariñeiras No s. XVIII, o auxe económico, propiciou a construción, de man de Carlos IV, dun Almacén ou "Alfolí de Rentas Estancadas".
- Alfolí: almacén de sal
- Rendas estancadas: artigos cuxa venda reservase exclusivamente ó Estado.    Este edificio é un bo exemplo da arquitectura civil do Barroco. A súa construción foi froito da necesidade dun espazo onde almacenar certos produtos de valor, derivados da actividade comercial (sal, tabaco, pólvora ou xofre). Hoxe en día, tamén é coñecido como A Factoría. 
Na fachada principal destacan un escudo dos Borbóns e unha inscrición baixo a cornixa:  LOS ALMACENES DE LA RENTA DEL TABACO CONSTRUÍDOS EN EL AÑO DE MDCCXC REINANDO EL SEÑOR DN CARLOS IV 
        
 O Coche de pedra
No ano 1985 inaugúrase o monumento conmemorativo “O Coche de Pedra”. Manuel Castelo presenta, unha réplica en granito, daquel que fora exposto na 1ª e 2ª Feira do Automóbil de Ocasión.  
Este representa o primeiro coche a gasolina que circulou por Galicia, un Renault Freder.
Da man de xente do lugar e representados por Eugenio Escudero Lastra e Salvador Sierra Trasande, Pontecesures foi a primeira localidade española en albergar unha feira de automóbiles de ocasión no ano 1925, tomando como exemplo a de Leipzig (Alemaña), unha das máis importantes da época a nivel mundial. 
Todas as celebradas ata a data en España viñan sendo simplemente mostras de vehículos novos. A raíz do éxito, organizáronse outras similares nos anos 1926, 1950 e 1954. 
Nas distintas edicións desenvolveronse actos paralelos como a Exposición de Industria e Artesanía, Xantar enxebre, etc. Nalgunha ocasión fíxose coincidir coa Festa da Lamprea. 
Ilustracións: María López Bedoya  (sobre deseños de Carlos Maside e Castelao)
 

No hay comentarios: