Ruta Ribeiro do Avia, Ourense



Os cestos culeiros están intimamente asociados coa vendima na zona do Ribeiro, usabanse para o carrexo de esterco en inverno e primavera, a colleita estival de grao e patacas ou a outonal de uvas e castañas. Un traballo realizado por os carrexóns. O culeiro pode acumular unha carga de 80 ou 90 kg.  

  
Os cesteiros mais afamados foron os de Mondariz. A materia para tecer obtense fendendo troncos novos de castiñeiro, salgueiro, carballo, etc. O cesto consta de dúas seccións, a inferior de base cadrada e a superior con boca redonda. Nunha das caras da parte alta, baixo o arrinque do embude, ten unha asa para asegurar o amarre manual.
Denominación de orixe O Ribeiro

   
 

No hay comentarios: